Campelo tamén se move ao redor da Ameixa
Acaba de terminar o Festival Ameixa Rock en Carril, Vilagarcía de Arousa, e volve outra festividade sobre este bivalvo, neste caso a ría de Pontevedra. Agora será o municipio de Poio quen renda a súa devoción por este molusco de auga salgada.
A festividade quentará motores unha semana antes coa súa vertente musical, a cal será a súa IV edición. Esta previa comezará o vindeiro venres 8 de setembro co concerto do grupo galego de folk Milladoiro. O concerto darase na praza da Granxa de Campelo a partir das 22 horas da noite e o acceso será gratuíto para todo o público.
Pola súa banda, o sábado 9, ten previsto desenvolverse unha actuación que corresponde cun Desembarco Pirata, espectáculo que tamén se desenvolve de forma gratuíta para o público a partir das 16:30 horas da tarde.
A partir das 20:30, terán lugar xogos dinámicos e de lecer para nenos e nenas de idades entre os 5 a 14 anos. E xa ás 22:30 daranse os concertos de Los Secretos e Astarot, tamén na praza da Granxa de Campelo.
Los Secretos e Astarot amenizarán as festas unha semana antes no IV Festival da Ameixa
No segundo fin de semana, venres 15 de setembro, comeza coa actuación doutro grupo folclórico, o Vides Novas, e ás 20:45 h, realízase a apertura oficial da XXX edición da Festa da Ameixa, rendendo homenaxe ás mariscadoras xubiladas, ademais de entregar premios polo primeiro concurso fotográfico que se organiza con motivo da festa.
A verbena continuará o sábado, xunto con outras actividades como os concertos do grupo Folk Lembranzas, e o certame Canción Mariñeira. Antes de media noite, ás 23:30 terán lugar os fogos artificiais.
O domingo, continuará o festexo con música durante todo o día, tanto pasacalles como actuacións por parte da Escola de Música Tradicional e Los Antonis, ata a noite coa intervención das cantareiras Madiva Leva de Meis. A degustación popular para este festexo desenvolverase tanto nas comidas como ceas do sábado e domingo do segundo fin de semana.