Vicus Spacorum recrea a convivencia en Vigo de castrexos e romanos
O evento Vicus Spacorum, que toma o seu nome da antiga cidade romana situada na cidade de Vigo, proponnos unha viaxe ao pasado para coñecer as vestimentas, os oficios e algunhas dos costumes das xentes que habitaron Vigo no século II antes de Cristo. Loitas de gladiadores, demostracións de acuñar a moeda, xogos rústicos e celebracións de ligazóns matrimoniais romanos son algunhas das propostas da programación, que se desenvolverá no parque do barrio vigués do Pau de Navia.
Esta é xa a sexta edición dunha festa que nos convida a caracterizarnos de castrexos ou romanos para vivir con máis intensidade a etapa histórica na que ambos os pobos conviviron na cidade. O deseño do evento inclúe a recreación dun poboado galaico e un asentamento romano, así como outros espazos emblemáticos no urbanismo da época, como o anfiteatro e o foro romano.
O evento ha ir crecendo cada ano, tanto en número de persoas visitantes como na cantidade de propostas de lecer. Nesta edición multiplicáronse as actividades para toda a familia, con numerosas propostas dedicadas ao público infantil. Ademais de talleres, escenas de teatro e espectáculos, tamén haberá un mercado de alimentación e artesanía. Consulta o programa completo na web oficial do Vicus Spacorum: http://www.vicus-spacorum.es