Parque del río Barosa
O parque do río Barosa é unha parada obrigatoria do Camiño Portugués a Santiago. É un lugar recomendable para todos aqueles que queiran gozar do espectáculo da natureza. Ademais, este parque conta cun atractivo cultural, xa que, seguindo os diferentes sendeiros que o percorren, se pode acceder a un gran número de muíños de río e así coñecer a súa estrutura e funcionamento. O parque ten unha área recreativa e dous muíños habilitados como restaurante
Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
Flora e fauna acuática autóctona En canto á flora que habita as ribeiras dos ríos destaca o salgueiro (Salix sp.), o amieiro (Alnus glutinosa) e varias especies de fentos. En relación á fauna pódense atopar anfibios, coma o sapo común ou a píntega, e peixes, coma a troita e a lamprea Situado en Lugar de A Maquieira, dirección Caldas de Reis Flora e fauna terrestre autóctona Entre a flora máis afastada das marxes do río Barosa destacan varias especies, coma o freixo (Fraxinus excelsio), o bidueiro (Betula alba), a abeleira común, o pradairo, o carballo (Quercus robur), a hedra, o loureiro, a silveiras e os acivros pequenos, así como outras especies de arbustos. Fauna: réptiles coma o esgonzo común, o lagarto ocelado, ou o lagarto verdinegro; mamiferos coma ourizos, toupas, musarañas, coellos, ratos campestres, esquíos, londras ou raposos; e aves coma o miñato común, o gorrión, a lavandeira, o cuco ou a bubela- Pesca deportiva o submarina: Sí
- ¿Se necesita licencia?: Sí
- Descrición do ámbito: Fluvial
- Interés Paisajístico: Elevado
- Organismo responsable: Concello de Barro
Servizos
- Cafetería / Restaurante: Sí
- Merendero: Sí
- Permitido el baño: Sí
- Baños públicos: Sí