Descobre os xardíns botánicos dos castelos das Rías Baixas
Desde o 1 de agosto pódese gozar do Sendeiro Botánico no castelo de Sobroso, na comarca do Condado. Trátase dun percorrido de 1 quilómetro no que se poderán apreciar diferentes especies especialmente de bosque atlántico, como son os carballos, castiñeiros, sobreiras, camelias, cipreses e outras árbores froiteiras.
A senda botánica discorre ao redor do castelo. O paseo inclúe paneis informativos con códigos QR para que as e os visitantes poidan obter a información dixitalmente, tanto en galego como castelán e inglés.
A Deputación puxo en marcha esta senda para ampliar o uso do espazo natural do castelo de Sobroso
Por outra banda, o castelo de Soutomaior, situado na ría de Vigo, ten tamén o seu propio xardín ao redor de 25 hectáreas. Xardín cuxos inicios datan de 1.870 por creación dos marqueses da Vega de Armijo e de Mos , como indican desde a propia web oficial do Concello de Soutomaior . No parque existen castiñeiros de ata 800 anos de idade, mentres que o resto do arboredo roldará o século.
Desde que en 1.982 a Deputación de Pontevedra adquiriu a propiedade encárgase do seu coidado e mantemento. Na rehabilitación do parque e os xardíns destaca a introdución dun viñedo e o especial coidado da camelia das que contan con ao redor de 500.