Cruzando camiños
Buscador

O Padre Sarmiento foi o creador desta variante do Camiño Portugués a través da comarca do Salnés. O monxe dominico regresou de Madrid para peregrinar a Santiago en 1745 e documentou o seu itinerario de 190 quilómetros na obra Viaje a Galicia. O fermoso traxecto que segue a costa entre as rías de Pontevedra e Arousa, bautizado co seu nome, empeza na ponte do Burgo e continúa por Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. Desde alí conflúe co Camiño luso ata chegar á catedral de Santiago.

Localidades mariñeiras coma Combarro, cuxo atractivo turístico ten xa unha dimensión internacional, fermosas praias salvaxes e con bandeira azul, illas (A Illa de Arousa , A Illa da Toxa…), o impresionante istmo da Lanzada, xacementos arqueolóxicos, pazos (Rubianes, Ulloa, Torrado…), monumentos relixiosos e viñedos –coa maior superficie dedicada ao cultivo da vide na Denominación de Orixe Rías Baixas– esténdense ao longo desta magnífica ruta.

Ruta do Padre Sarmiento

Propoñémosvos realizala nas seguintes etapas:

Publicador de contidos Publicador de contidos

  • Camiño de Santiago

    Ti non fas o camiño, o camiño faite

    Imagen folleto
    Podemos dicir sen ningunha dúbida que o Camiño de Santiago é a ruta máis antiga e máis coñecida de Europa. É todo un emblema e a súa fama débese ao seu carácter aventureiro que reúne a peregrinos, camiñantes ou simples trotamundos baixo una mesma misión: chegar a Santiago de Compostela.
    en Outros idiomas: Icono idiomas