Cruzando camiños
Buscador
14,3 km

A pouco máis de dous quilómetros do centro de Sanxenxo, tras cruzar Punta Bicaño, a ruta lévanos ata Portonovo, centro turístico con praia e porto deportivo. Continuamos pola costa atravesando puntas (Cabicastro, Sefexeira, Paxariñas) e praias ata chegar a Montalvo, areal cun valioso sistema dunar.

Sanxenxo
Grove

Ao longo da ruta gozamos de espectaculares vistas á Illa de Ons, que forma parte das Illas Atlánticas, o único Parque Nacional de Galicia e un dos quince de España. Noalla é un punto ideal para admirar as dúas illas (A Illa de Ons e Onza ou Onceta). Novos areais despréganse ante nós neste tramo (Bascuas, Pragueira, Foxos, Area Gorda e A Lapa) ata alcanzar a praia da Lanzada, un complexo dunar e intermareal sen parangón nas Rías Baixas e Galicia.

Grove
Grove

A historia da ermida de Nosa Señora da Lanzada está salpicada de lendas e rituais sobre a fertilidade. A praia, de 2,5 quilómetros, atrae miles de bañistas no verán e persoas afeccionadas aos deportes náuticos. No castro, situado nun enclave privilexiado, atopáronse importantes restos arqueolóxicos que achegan información de incalculable valor sobre a historia de Galicia.

A Lanzada supón o tránsito entre Sanxenxo e O Grove, e aí empeza a nosa terceira etapa.