Cruzando camiños
Buscador
18 km

A ruta do Padre Sarmiento rodea a península do Grove, outro dos grandes atractivos turísticos das Rías Baixas no que gastronomía e praias teñen un protagonismo estelar. Os areais con sistemas dunares esténdense na ruta ata San Vicente do Mar, e desde alí continúa o Camiño por un tramo de costa rochosa, coa praia de Canelas situada na ruta. Nesa parte do litoral do Grove, ao oeste da península, gózase dunha excelente vista de Ons e Sálvora, esta última tamén integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. É posible coñecelas a través de pequenos cruceiros.

Capilla - Isla de A Toxa
Ponte da Toxa

De camiño ao Porto de Meloxo percorremos a costa norte do Grove, porta de entrada á ría de Arousa. O tramo conta con numerosos areais. Podemos gozar das vistas á Illa de Arousa, o concello insular máis pequeno de España, con estupendas praias e un magnífico parque natural, O Carreirón.

Isla de Ons
Isla da Toxa

Atravesamos o núcleo do Grove, localidade mariñeira e turística na que se poden degustar excelentes peixes e mariscos acompañados de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Ao saír do centro urbano atopámonos coa Illa da Toxa, un centro termal e de lecer de primeira orde, con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos, hoteis, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, pádel, tiro, piscinas, urbanizacións e un centro comercial.