Cruzando camiños
Buscador
17 km

Aínda en Cambados, as e os peregrinos poden gozar, na parroquia de San Mamede de Corvillón, do Museo Muíño de Mareas da Seca, que data de 1622 e tiña a particularidade de que funcionaba coa subida e baixada das mareas.

Paseo maritimo de Cambados
Iglesia de San Benito en Cambados

O itinerario segue en dirección á Illa de Arousa, unha estupenda localidade mariñeira co porto pesqueiro do Xufre e fermosas praias; dúas delas, O Bao (Camaxe) e Area da Secada, con bandeira azul. A illa, á que se chega tras cruzar unha ponte de case dous quilómetros, goza da consideración de Reserva Natural, e 11 dos seus 36 quilómetros de costa están formados por areais. O Parque do Carreirón está catalogado como Zona de Especial Protección para as Aves. O punto máis alto da illa é o miradoiro O Con do Forno, con espléndidas vistas á vila.

Playa de Area de Secada
Illa de Arousa

O municipio acolle no verán o Atlantic Fest –un dos Festivais Rías Baixas–, que congrega grandes artistas locais, nacionais e internacionais. O evento combina música con gastronomía e natureza nunha contorna máxica.