Cruzando camiños
Buscador

Contido web Contido web

Vía da Prata

Via de la Plata

Tamén coñecido como Camiño Sanabrés, este itinerario empeza no sur de España e percorre o interior de Galicia. É unha gran calzada romana que une a península e, no seu discorrer duns mil quilómetros, transcorre por restos arqueolóxicos con séculos de antigüidade.

Respecto á orixe desta ruta, tense constancia da súa existencia desde a época fenicia e grega, e establécense no ano 139 a. C. as primeiras noticias documentadas sobre esta calzada.

No seu traxecto cara a Santiago de Compostela as e os peregrinos poden contemplar todos estes monumentos: teatros, arcos ou miliarios danse a man cunha paisaxe esplendorosa na provincia de Pontevedra, en concreto, nos municipios de Dozón, Silleda e A Estrada.

Etapa Dozón–Bendoiro (18,4 km)

Recentemente chegados de Oseira, en Ourense, cruzaremos O Castro, en Dozón, en cuxas proximidades se atopa o mosteiro e igrexa monacal de San Pedro de Vilanova, xoia da arte románica galega do século XII. Se continuamos cara a Lalín por carreiros rurais de gran beleza natural poderemos visitar a igrexa de San Martiño, que formou parte dun mosteiro fundado no século X.

 San Pedro de Vilanova
Lalín

Pasaremos por Pontenoufe e estaremos xa en Lalín; alcanzaremos Puxallos e A Xesta. Despois, Botos e Donsión conducirannos a Bendoiro.

Etapa Bendoiro–Outeiro (33,8 km)

Neste itinerario, ao abandonar a localidade de Prado, dirixirémonos ao río Deza. A continuación, cruzaremos A Borralla e a ponte medieval de Taboada. Esta construción levaranos a Taboada e Transfontao. Tras este último lugar, chegaremos a Silleda.

Antes, pódese tomar un desvío para coñecer o soado santuario do Corpiño, aínda en territorio lalinense. Situado en Losón, as súas romarías de verán e inverno atraen ata esta pequena localidade a miles de fieis. Na comarca, outras contornas destacadas son a fervenza do Toxa ou o mosteiro de Carboeiro, lugares que, se se dispón de tempo, se recomenda visitar. O percorrido continúa en dirección a Silleda cruzando a ponte medieval sobre o río Deza, facendo un alto nas igrexas románicas de Fiestras e Ansemil.

O Corpiño
Monasterio de Carboeiro

Despois de Silleda, e sempre coas miras postas en Compostela, O Foxo e Margaride levan o camiñante á Bandeira, núcleo urbano pertencente ao municipio silledense. Xa na Estrada, Castrovite, Loimil, Os Casares, As Carballas, Oca e Arnois despiden a Vía da Prata na provincia de Pontevedra. Antes de abandonala poderemos visitar o pazo de Oca, cuxos xardíns seducen todo o ano. Así, as e os peregrinos que cruzan o val do Ulla asómanse a un territorio pródigo en pazos e igrexas ligados á tradición xacobea.

Albergues

  • Albergue de Bendoiro (Lalín)
  • Albergue da Bandeira (Silleda)

Publicador de contidos Publicador de contidos

  • Camiño de Santiago

    Ti non fas o camiño, o camiño faite

    Imagen folleto
    Podemos dicir sen ningunha dúbida que o Camiño de Santiago é a ruta máis antiga e máis coñecida de Europa. É todo un emblema e a súa fama débese ao seu carácter aventureiro que reúne a peregrinos, camiñantes ou simples trotamundos baixo una mesma misión: chegar a Santiago de Compostela.
    en Outros idiomas: Icono idiomas