Actívate en Rías Baixas

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Cada vez é maior o número de persoas que asocian lecer e turismo con diversión e dinamismo, fronte ao tradicional descanso e relax. Se este é o teu caso ou se sentes curiosidade polo que Rías Baixas che pode ofrecer canto a emocións e adrenalina, as actividades multiaventura son para ti.

Se elixes Rías Baixas como destino para realizar actividades de multiaventura, na terra, na auga ou no aire, acertarás de cheo por variedade e por calidade. Río, mar, litoral ou montaña, buscando acción ou evasión, o difícil será elixir con cal quedar.

O que está claro é que non van faltar posibilidades de realizar calquera deporte ou actividade ao aire libre, xa que esta zona do noroeste peninsular posúe unhas condicións climatolóxicas inigualables e unha ampla oferta turística.

Galicia, e en concreto Pontevedra, non destacan pola altura nin o escarpado das súas montañas, pero si ten serras con múltiples atractivos, entre os que sobresaen as impresionantes vistas sobre as rías desde os altos máis próximos á costa.

Entre as actividades de terra, estes terreos levan a palma para practicar actividades como montañismo, sendeirismo, orientación e rutas a cabalo. Tamén as que requiren máis destreza, como a escalada, o rappel, o puenting, o barranquismo ou a tirolina, entre outras.

Na provincia están xa moi consolidados os circuítos de karts e os quads. Para gozar do golf, un deporte máis sosegado, ao aire libre e rodeado de paisaxes verdes, a provincia conta con cinco campos.

Entre as actividades que crecen en popularidade está o tiro con arco e o paint ball, moi solicitado por grupos que buscan diversión e poñer a adrenalina ao límite. Por outra banda, o ideal no caso dunha familia que queira pasar momentos en contacto coa natureza é gozar das xornadas organizadas por granxas-escola.

Se buscas actividades acuáticas o mar gaña en cantidade de opcións: esquí acuático, bodyboard, surf, windsurf, kitesurf, mergullo, submarinismo e todas as opcións que ofrecen as embarcacións de vela, desde as regatas ata os cruceiros polas rías ou os cursos de navegación.

Os ríos prometen un verdadeiro exercicio onde primará máis a técnica que a forza: barranquismo con ou sen rappel, dependendo da experiencia, hidrospeed, piragüismo, kaiak ou balsismo.

Estas últimas son as experiencias que máis adeptos gañan á hora de organizar unha excursión en grupo, pois non requiren demasiada preparación previa e o rango de idade permitido é moi amplo. Ademais do exercicio e a diversión, a paisaxe dos rápidos dos ríos e os recunchos inesperados polos que pasarás remando conformarán todo un recordo imborrable.

O prato final é quizais o máis espectacular, as actividades aéreas: parascending, parapente, paseos en avioneta saíndo do aeroporto de Vigo, puenting ou globo aerostático. 

Disfruta da Multiaventura en Rías Baixas con:

Podes ver a Multiaventura de Rías Baixas nestes vídeos:

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos