Augas que reviven a "Belle Époque"

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Interior Sur   

Esta experiencia lévate a un dos municipios máis especiais de Rías Baixas, non só polo seu tamaño, xa que é un dos máis pequenos de toda España, senón polo ben que soubo conservar o seu aire de principios do século XX, a fama a nivel nacional das súas augas, así como pola gran calidade que transmite a súa imaxe; non en van o seu balneario foi galardoado como o mellor de España en varias ocasións. Si, estamos a falar de Mondariz-Balneario.

Todo isto foi posible grazas á figura de Enrique Peinador e, posteriormente, dos seus fillos. Este médico fixo posible que a partir de dúas fontes, A Gándara e Troncoso, situadas nun municipio de interior mal comunicado durante aquela época, se edificase en poucos anos un imperio termal que atraeu a Galicia os ollos de boa parte do mundo, posto que era lugar de cita estival para as clases acomodadas, con bañistas vidos de Porto Rico, Uruguai, Brasil, Chile, México, Costa Rica, Estados Unidos, Francia e Alemaña, ademais de españois e portugueses. Desta maneira, encheuse esta pequena vila de personaxes coñecidos, entre os que se pode destacar o multimillonario americano Rockefeller III, o rei Alfonso XIII, Primo de Rivera, o sultán de Marrocos Muley Haffid, a raíña Isabel II de Borbón, a escritora Emilia Pardo Bazán, numerosos membros da nobreza portuguesa e española; así como moitas outras personalidades da época que se reunían aquí para os seus faladoiros.

O percorrido desta experiencia pode comezarse no contorno do Palacio da Auga, visitando fontes coma as da Gándara e Troncoso.

A continuación podes mergullarte nas instalacións do balneario, onde as súas augas te coidarán.

Para os amantes do golf este balneario pon á túa disposición un campo de 18 foxos situado nun precioso contorno natural.

O aloxamento tamén pode realizarse no propio Balneario de Mondariz.

Ademais, as famosas Augas de Mondariz que poderemos beber cada día proceden desta vila.

Máis información: www.balneariomondariz.es

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos