Campo Lameiro, capital da arte rupestre en Galicia

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Norte   
Escritura (glifo) en pedra (petro) é exactamente o que quere dicir esta expresión, orixe de múltiples teorías sobre a interpretación do seu significado e a vida dos que deixaron as súas pegadas nas pedras ata os nosos días.

Pasear por case 22 ha de monte e atoparte de súpeto nun poboado prehistórico é posible se visitas o municipio de Campo Lameiro. Este concello da provincia de Pontevedra atópase situado nun espazo protexido, cunha rica fauna e flora, o que o converte nunha escapada perfecta en soidade, con amizades ou en familia. O seu valor paisaxístico convérteno no marco perfecto para unha excursión cultural no medio da natureza.

En 64 km atópase a maior concentración de petróglifos de Galicia, a máis primitiva manifestación artística da comunidade, declarada Monumento Histórico-Artístico en 1974. O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, aberto en 2011, protexe e divulga a historia e a cultura que os rodea: cando e por que se fixeron, como se ocultaron, quen os descubriu e que mecanismos xorden para estudalos e conservalos para as futuras xeracións. Coas explicacións dos seus guías e dos paneis explicativos aprenderemos a distinguir se un gravado é abstracto ou figurativo, que querían representar cando gravaban un cervo ou unha lanza e saber por que unha pegada nunha rocha ou un material tan brando coma o xiz poden supor un dano irreparable neles.

O parque arqueolóxico, incluído no Itinerario Cultural do Consello de Europa Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, desenvolve unha atractiva oferta cultural, educativa e lúdica baseada nos petróglifos de Galicia.

Nel podes:

● Visitar unha atractiva e suxestiva exposición estable

● Pasear por unha extraordinaria paisaxe cultural e descubrir algúns dos máis fermosos petróglifos de Galicia

● Viaxar no tempo e coñecer unha recreación dun poboado de hai 4.000 anos

● Participar en diferentes actividades que combinan contidos patrimoniais e experiencias lúdicas, como cazar con arco ou facer lume sen mistos nin chisqueiros

O parque arqueolóxico dispón de servizo de cafetería, restaurante e tenda.

O centro de interpretación conta con modernos equipamentos dentro dun edificio integrado na paisaxe, onde non só coñecerás o resto de gravados existentes en Galicia senón tamén a estreita relación que gardan cos petróglifos aparecidos no resto do planeta.

Unha vez fóra do recinto penetrarás no monte, seguindo os camiños marcados, que te levarán ás diferentes estacións rupestres. A opción da visita guiada permitirache profundar na vida da comunidade que habitou os vales do Lérez na Idade de Bronce, ó mesmo tempo que gozas dun paseo baixo carballos e castiñeiros centenarios.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos