Cabecera experiencia

Caza de Bruxas en Rías Baixas: habelas hóuboas

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur
Aínda soa a día de hoxe a cantiga "polos camiños de Cangas/ a voz do vento xemía/ ai que soliña quedaches/ María, María Soliña". O Tribunal do Santo Oficio, máis coñecido como a Inquisición, xulgou entre 1619 e 1628 por bruxería numerosas mulleres de Cangas. Sometidas a espantosas torturas físicas e psicolóxicas, acababan confesando.

O caso máis soado foi o de María Soliña, presa nos calabozos secretos da Inquisición en 1621 tras confesar a súa bruxería. Outras mulleres como Elvira Martínez, Catarina da Igrexa ou Ana de Castro sufriron a mesma persecución. Cangas era xa daquela unha vila próspera, mariñeira, cunha crecente burguesía local e importantes relacións mercantís.

Pero tras o desembarco e posterior saqueo por parte de tropas turcas a paisaxe cambiou drasticamente: máis de cento cincuenta casas arrasadas, máis de cen persoas mortas e duascentas apresadas, na súa maioría homes, desfeitas nos aparellos de pesca e numerosas familias que perderon a algún dos seus membros.

Tras a negativa do arcebispado de Santiago de Compostela a unha moratoria nos pagamentos anuais, a clase nobre e a igrexa viu minguar as súas arcas. Urxía un plan para mantelas á boia e a Inquisición xogou un papel clave.

Existía a figura legal do "dereito de beneficio das viúvas", ignorado por moitas delas. Unha das vítimas, a que resultou ser a figura que pasaría á historia, foi María Soliña. Empresaria na súa época e con varias propiedades inmobles, a viúva, nai e avoa foi acusada debido aos longos paseos que daba pola noite pola praia de Rodeira. Ela e oito mulleres máis foron xulgadas e torturadas ata que confesaron cometer actos de bruxería, pasando así todas as súas posesións a nome da Igrexa, ligada por lazos legais ou sanguíneos á nobreza.

Libres de ser queimadas na fogueira, levaron o sambenito e sufriron as secuelas das torturas mesmo despois da súa liberación.

Da súa morte nada se sabe; o exilio é unha das teorías que acrecentan o mito desta muller acusada de bruxería, símbolo feminino e do pobo de Cangas.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos