Cabecera experiencia

Descubre a illa de loureiros máis grande de Europa

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte
O chamado Camiño do Carro ponse ao descuberto en canto baixa a marea, unindo así a illa de Cortegada co municipio ao que pertence, Carril. É a maior dun pequeno arquipélago, xunto ás Malveiras e ás Briñas e forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Ademais de polas súas laurisilvas, Cortegada tamén é valorada pola riqueza dos seus fondos mariños e a densidade que lle confire a súa carballeira e a súa cantidade de árbores da especie Pinus pinaster. Esta contorna, ás veces sombría, vese potenciada polas 54 hectáreas de terreo que emerxe e a súa escasa elevación sobre o nivel do mar, o que favorece a existencia de charcas e lagoas.

Atópase ao fondo da ría de Arousa, na parroquia de Carril, pertencente ao municipio de Vilagarcía de Arousa. Os case 190 metros de area que a separan da costa forma, desde hai séculos, un gran viveiro de mariscos, o que converte a esta illa nunha imaxe de fondo xunto ás mariscadoras, polo que é tan coñecida esta zona.

Mencionada no século I por Plinio como Corticata, a historia pasou por ela deixando multitude de pegadas: un mosteiro na Idade Media ocupou un terreo onde agora só queda unha igrexa e un cruceiro. Ata o século XX estivo habitada por colonas e colonos que labraban as súas terras e pagaban rendas ao Pazo da Golpelleira. Aínda quedan restos das súas casas entre a frondosidade da vexetación, un casarón do século XIX, cortes, pozos e un hospital construído no século XVII e reutilizado como lazareto.

Foi no século XX cando o pobo quixo doala ao rei Afonso XIII pero finalmente elixiu Santander para establecer alí a súa residencia de veraneo, no Palacio de La Magdalena. Posteriormente vendida, a declaración do arquipélago como parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantirá a supervivencia do seu bosque de laurisilvas, permanecendo aberta ao uso público para coñecer a súa historia e a súa natureza.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos