Cabecera experiencia

A arte contemporánea galega

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte
A arte contemporánea esperta sentimentos encontrados entre a xente que forma a sociedade que o viu nacer e que o ve evolucionar: paixón, desprezo, reflexión, indiferenza… son algúns dos efectos que xera no público espectador. Como unha provocación para os nosos sentidos, a arte exposta no terceiro andar do Sexto Edificio e na sala de arte da colección Sánchez Mesas-Fernández de Tejada, no segundo andar do edificio Sarmiento, convídanos á reflexión, ó gozo e á contemplación, cal poesía plástica.

Esta experiencia pretende aproximar ó público a arte contemporánea española, en especial a galega, a través dos fondos do Museo expostos de forma permanente.

A experiencia exponse en dúas direccións: unha primeira, para amantes da arte contemporánea, como unha selección de obras principais de artistas de primeira fila como Picasso, Dalí ou Miró, dos galegos do grupo dos Renovadores e das seguintes xeracións de artistas que chegan ata nós, algúns xa alumnos ou profesores da Facultade de Belas Artes situada na nosa cidade. Hai que destacar a representación de artistas de fama nacional e internacional como Arturo Souto, Juana Francés, Luís Seoane, Maruja Mallo, Leopoldo Nóvoa, Francisco Leiro ou Claudio Bravo. E, a segunda, para un público non especializado para o que o achegamento á arte actual resulta extremadamente complicado. Neste sentido a visita facilitaralle ó visitante unhas pautas de comprensión ou recepción da mensaxe estética e ideolóxica da arte abstracta.

A visita pódese facer por libre, percorrendo as salas dedicadas á arte contemporánea dos edificios Sexto e Sarmiento, ou concertando unha visita guiada gratuíta co Gabinete Didáctico do Museo, que lle facilitará a información necesaria para realizar o devandito percorrido dunha maneira lúdica e pedagóxica para todos os públicos.

Máis información: www.museo.depo.es

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos