Cabecera experiencia

Camiño de inverno a Santiago de Compostela

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte
Esta experiencia lévate ó Camiño de Inverno, que é una ruta alternativa ó Camiño Francés a Santiago de Compostela e descoñecida por moitos peregrinos.

A súa historia remóntase moitos séculos atrás, cando era, ademais de camiño de peregrinación, camiño de entrada das tropas francesas na Guerra da Independencia e tamén vía de entrada dos arrieiros.

Este camiño facíano aqueles peregrinos que realizaban o Camiño Francés e desexaban entrar en Galicia evitando o paso polo Cebreiro, que era complicado ou case imposible nos meses de inverno.

Actualmente, tanto en inverno coma nas demais estacións do ano, esperta a curiosidade daqueles peregrinos que buscan novas sensacións a través dunha ruta que, como principais alicientes, ademais de posuír unha gran beleza paisaxística, transmite paz e tranquilidade.

Este Camiño de Inverno transcorre desde o alto da serra do Faro ata Lalín, onde se une coa Vía da Prata.

Esta experiencia do Camiño de Santiago permite combinar dúas rutas xacobeas, o Camiño de Inverno e a Vía da Prata.

Pódese realizar un tramo en bicicleta e outro a cabalo. Esta última posibilidade facilítana Cabaleiros do Deza, en colaboración co Centro Hípico Juan Oliveira.

O ideal é aloxarse nunha casa de turismo rural para seguir inmersos no mundo natural de Rías Baixas.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos