Cabecera experiencia

O comercio medieval

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte

Coñécense como pendellos as construcións realizadas polos comerciantes para levar a cabo a actividade comercial, feiral e de troco no século XVIII.

Trátase de edificacións en ringleira, de diferentes tamaños, que dispoñen no seu interior de bancos e mostradores para levar a cabo o troco. Construíronse tamén cabanas para gardar os apeiros e mercadorías aínda que tamén serviron de albergue. Este conxunto arquitectónico é único pola súa conservación e por ser un dos mercados medievais nun núcleo urbano.

A historia deste mercado medieval remóntase a antes do século XVIII posto que a feira do 12 (chamada así por celebrarse o día 12 de cada mes) tiña lugar desde había moito tempo no Farelo, e non foi ata o século XVIII cando se trasladou ó núcleo urbano, comezando desta forma a construción dos pendellos.

En concreto, os existentes en Agolada foron declarados Monumento histórico-artístico en 1985.

No mes de agosto teñen lugar a Mostra de Artesanía e a Feira Medieval de Agolada, onde se revive a época de esplendor destas construcións.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos