O fragor das batallas nas Rías Baixas

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   

Nas Rías Baixas, ó igual que noutros lugares do mundo, tiveron lugar batallas que cambiaron o rumbo da historia do territorio.

Un dos lugares bélicos máis emblemáticos é o da ribeira do río Verdugo, onde se sucederon en distintas épocas da historia unha serie de batallas que aínda perduran no imaxinario popular da xente. Así, á altura de Ponte Sampaio e Ponte Caldelas tiveron lugar as batallas que libraron a Galicia dos franceses na Guerra da Independencia e que a converteron no primeiro territorio liberado de España.

Outro lugar bélico emblemático é o Castelo de Soutomaior, berce doutro coñecido batallador, Pedro Madruga.

Xa na desembocadura do río Verdugo, na baía de San Simón, ademais da xa mencionada batalla de Ponte Sampaio, tivo lugar a Batalla de Rande, onde franceses e españois se enfrontaron a ingleses e neerlandeses durante a Guerra de Sucesión española.

Esta experiencia lévate desde Ponte Caldelas ata a enseada de San Simón, nun percorrido que vai desde o interior cara á ría.

As batallas son o fío condutor que nos leva a cada un dos diferentes recursos que se poden visitar neste territorio.

Se empezamos o percorrido en Ponte Caldelas podemos visitar o río Verdugo e a ponte onde tivo lugar a batalla. Esta zona destaca polas actividades de lecer que se realizan arredor do río, coma a pesca e a súa Festa da Troita ou a praia fluvial da Calzada.

Descendendo, chégase ata o Castelo de Soutomaior, un dos grandes monumentos das Rías Baixas, morada do coñecido Pedro Madruga e que sufriu os ataques dos Irmandiños.

Non deixes de gozar dun agradable paseo polo seu impresionante xardín con multitude de especies botánicas, onde destaca a camelia por ser a flor representativa da Rías Baixas, un dos lugares do mundo onde mellor se cultiva esta delicada flor ó aire libre.

Na baía de San Simón, onde tivo lugar a famosa batalla de Rande e onde chegou o Nautilus de Julio Verne nas súas 20.000 leguas de viaxe submarina, podemos admirar unha das paisaxes máis impresionantes de Galicia, coa ponte de Rande ó fondo e a illa de San Simón en primeiro plano.

Outros escenarios bélicos nas Rías Baixas, onde as torres, castelos e fortalezas de norte a sur foron os protagonistas, son as Torres do Oeste, en Catoira, que son restos do castelo que Alfonso III ordenou construír para previr ataques de viquingos.

En Mondariz, o Castelo de Sobroso (século XII) é testemuña de loitas entre partidarios da raíña de Castela, dona Urraca, e do seu fillo, o futuro Alfonso VII, como tamén o foron as murallas de Salvaterra de Miño.

En Baiona, a súa fortaleza foi testemuña da conquista desta vila por Julio César no ano 60.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos