Cabecera experiencia

A Bandeira premia as mellores empanadas

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte
Desde 1974, A Bandeira, en Silleda, presenta as empanadas máis orixinais nun evento no que profesionais da hostalería e veciñas e veciños se afanan por sorprender. Fano variando presentacións, experimentando con ingredientes ou buscando o sabor máis peculiar. E conségueno, pois na Festa da Empanada as persoas asistentes cóntanse por miles, especialmente no momento da cea, cando se degustan as variedades desta singular receita tan propia das Rías Baixas e de toda Galicia

A Festa da Empanada, que se celebra desde 1974, ten lugar na carballeira de Silva e Valladares da Bandeira, en Silleda , o penúltimo domingo de agosto. Este ano cúmprense 43 edicións dun evento que supón unha homenaxe a unha das receitas máis populares de la gastronomía galega. Está organizado pola Asociación de Amigos da Empanada, encargada, ademais, de escoller as mellores empanadas de Galicia.

Ao longo do día, profesionais da hostalería local e veciñas e veciños achegan as súas elaboracións para que sexan expostas nas casetas do festival. Posteriormente ten lugar un concurso no que un xurado experto elixe as mellores empanadas. É, nese momento, cando comeza un dos momentos que máis singularizan a Festa da Empanada da Bandeira, unha cea popular na que decenas de peñas e familias degustan as distintas receitas de empanada. Cada ano esta celebración sorprende pola súa orixinalidade, pois as e os participantes afánanse por mostrar as elaboracións máis sorprendentes, xa sexa polo seu sabor, polos ingredientes empregados ou pola presentación.

O Esmorga Folk, un dos festivais máis veteranos da provincia

Ademais da propia gastronomía, a música é outro dos elementos importantes desta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 1999. Polo Festival Esmorga Folk, de raíces celtas e un dos máis antigos de toda a provincia de Pontevedra, con 29 edicións, pasaron artistas e grupos tan recoñecidos como Carlos Núñez, Leilía, Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Quempallou, A Roda, Os Cempés , Milladoiro ou The Chieftains; aínda que tradicionalmente tiña lugar o propio día da festa, nos últimos anos celébrase a noite previa.

A idea de organizar a festa xurdiu cando un grupo de amigos decidiu compartir unha comida, a base de empanadas, na mencionada carballeira durante as festas patronais. Foi acollida con tal entusiasmo que medrou ano tras ano, de xeito que tanto profesionais da hostalería como veciñas e veciños comezaron a facer chegar as súas elaboracións. Desde entón, personalidades como Camilo José Cela, Alfredo Conde, Manuel Fraga, Gerardo Fernández Albor, Xosé Cuíña, José Luis Barreiro, Fernando Ónega, María Rey, Pilar Cernuda, Pepe Domingo Castaño, José M .ª Carrascal, Luis Rial, Carlos Blanco, Luis Zaera, Mela Casal, Gloria Ferreiro ou Xacobe Pérez participaron nesta celebración na Bandeira.

A fervenza do Toxa, turismo de natureza

Na Bandeira, situada na Vía da Prata, na comarca de Deza , as e os visitantes poden gozar do turismo de natureza, con recursos entre os que sobresae a popular fervenza do Toxa. 

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Verán
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos