A flor que inspirou a Mademoiselle Chanel

Buscador

Esta experiencia é unha das máis especiais de Rías Baixas, ó estar relacionada cun dos seus principais recursos, as camelias, que neste territorio atopan un dos mellores lugares no mundo para florecer grazas ó seu microclima.

Existen xardíns de gran beleza que albergan estas especies florais, algúns deles situados en espazos públicos e outros nas inmediacións de pazos e castelos, que emulan os xardíns situados nas grandes mansións e palacios de Gran Bretaña e recrean espazos únicos que che envolven de maneira máxica durante a visita.

Na Estrada podes visitar os xardíns do pazo de Oca, coñecido coma o Versalles galego.

En Ribadumia atópase o pazo Quinteiro da Cruz, que dispón de visita guiada e onde é posible contemplar máis de 850 exemplares distintos de camelia.

En Pontevedra non podes perder os xardíns do pazo de Lourizán e do pazo provincial.

En Soutomaior atópase un castelo cun impresionante xardín que posúe unha gran variedade de exemplares de camelias e unha preciosa vista a todo o val.

En Vigo non te perdas o parque do Castro e o pazo de Castrelos, os seus xardíns de Camelias e o seu museo Quiñones de León.

No pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, ademais do pazo e dos seus xardíns de Camelias, poderás visitar os seus viñedos.

A 15 minutos de Vilagarcía de Arousa atópase o pazo da Saleta, cuxo orixe se remonta ó ano 1721 e que posúe uns belos xardíns de camelias.

Gozar con...
Parella Grupo
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos