Cabecera experiencia

O galo de curral, un manxar nas mesas de Vila de Cruces

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Primavera Primavera
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte

Hai unhas décadas no rural galego os galos crecían en liberdade, polo que a súa carne era dun sabor único. Aínda que esta cría tradicional se foi perdendo co tempo, nalgunhas zonas logrou recuperarse e manterse. É o caso de Vila de Cruces, municipio pontevedrés no que o galo de curral é o protagonista da festa gastronómica declarada de interese turístico de Galicia, que alcanza a súa vixésimo cuarta edición en 2017.

Quen cría o galo de curral de Vila de Cruces esforzouse para que este manxar, propicio para multitude de elaboracións, estea presente nalgúns dos máis reputados restaurantes españois e mesmo chegue a numerosas cidades fóra das nosas fronteiras.

Esta vianda adoita incluírse nas cartas dos establecementos locais durante todo o ano. Pero é ao chegar a primavera cando Vila de Cruces fixa o día grande do galo de curral, que, nesta ocasión, terá lugar o domingo 28 de maio. Durante todo o día sucédense actividades entre as que destacan a exposición e exaltación dos pratos elaborados con esta ave de carne magra de cor intensa e sabor inigualable.

Tampouco faltan as propostas musicais, con actuacións durante todo o día, como o Festival de Bandas de Galicia, que fai os mesmos anos que o propio certame gastronómico e reúne en Vila de Cruces algunhas das agrupacións máis prestixiosas de Galicia. A concentración de vehículos clásicos ou a lectura do pregón son outros dos actos que congregan miles de visitantes neste municipio.

Así mesmo, na fin de semana posterior á celebración terá lugar unha nova edición dos coñecidos cantos de taberna, que encherán de música tradicional os establecementos da zona.

Ademais da súa gastronomía, Vila de Cruces ofrece espazos paisaxísticos e naturais como a área recreativa da Carixa, en Merza, ou as illas de Gres, e museos tan singulares como o Neira Vilas ou o da Minería, en Fontao.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Primavera
Onde...
Interior Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos