Cabecera experiencia

Enmarca o teu outono Rías Baixas

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono
Onde...
Icono Interior Sur Interior Sur
Esta época é ideal para sacar a túa cámara de fotos e visitar este magnífico escenario. A paisaxe ofrece desde amplas panorámicas ata pequenos detalles da flora. Mostra o teu lado máis creativo, mostra Rías Baixas!

Hoxe vas calzar esas botas de montaña que tanto tempo levan gardadas, colgar a túa cámara ao pescozo e coller un par de bastóns de sendeirismo. Rías Baixas mergúllate nunha fermosa paisaxe para que, á vez que te volve "verde", realices o teu mellor traballo fotográfico aproveitando o impoñente escenario que atoparás.

Empeza en Covelo. A Carballeira do Rei levarate ata a fervenza de Parrelos. Aconsellámoste visitar tamén o conxunto etnográfico de San Xoán de Mosteiro. Se quedas a comer, non dubides en pedir carne ao caldeiro, o prato estrela da zona.

Na Cañiza existen moitos lugares para perderse e gozar da súa paisaxe e natureza. A fraga que forma o río Deva é unha mostra de bosque autóctono e cultura popular. Para repoñer forzas podes degustar o xamón da Cañiza, e sigue premendo o botón da túa cámara de fotos!

O teu seguinte destino é Arbo. Se segues o curso do río Cea descubrirás diferentes puntos; desde o serradoiro na Ponte Cabaleiros, pasando polos muíños, ata a fervenza da Laxe do Avó. A senda ten unha maxia especial, así que déixate levar e percorre a beira do afluente do Miño.

Outono
Outono

Entre Salvaterra de Miño e Ponteareas discorre a senda do río Tea, cuxo principal atractivo son as súas maxestosas pontes: a da Fillaboa, a das Partidas, a dos Remedios e a de Cernadela. Unha calzada romana une estes concellos do Condado con Tui, polo que todas estas pontes teñen orixe romana aínda que sufriron modificacións. Para facer deste un día redondo nada mellor que unha visita a unha adega para degustar os brancos ou tintos da D. O. Rías Baixas.

De camiño a Mondariz e Mondariz-Balneario, o castelo de Sobroso e a súa senda botánica son visita obrigada. Xa podes ter espazo libre na túa cámara porque non vas parar de disparar. Tampouco deixes de visitar o castro de Troña, un punto estratéxico na zona.

Outono
Outono

Despois de contemplar as cores da paisaxe outonal recomendámosche gozar das augas mineromedicinais da zona e, se tes ocasión, probar a lamprea á bordelesa. Para brindar por tan grata experiencia faino cun espumoso Rías Baixas. Saúde!

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono
Onde...
Interior Sur