Cabecera experiencia

Festa de San Miguel e Danza das Espadas de Marín

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur
Con case catro séculos de historia, a Festa de San Miguel e a Danza das Espadas volven o 24 de setembro ás rúas de Marín nas Rías Baixas

Desde o ceo, o arcanxo san Miguel lanzou todas as súas forzas contra o dragón e os seus soldados, axudado do seu séquito de anxos fieis, e desta maneira o dragón foi vencido e lanzado á Terra. Desde entón, o arcanxo adoita estar representado como un anxo guerreiro con casco, espada e armadura. En Marín, os homes que se aventuran no mar renden tributo ao santo anualmente.

No mar non hai dragóns, ou polo menos somos conscientes diso agora, pois as antigas cartografías mariñas trazaban monstros nos confíns do mundo. Mais o embravecido mar non require de ningunha fera para chamar as desgrazas, e ben o saben as vilas costeiras. En 1639 creouse a Confraría de San Miguel, patrón do Gremio de Mareantes e da vila de Marín, para que os mariñeiros lle rendesen tributo e veneración como protección contra os perigos do mar, así como agradecemento polos froitos que obtiñan del.

E aínda que os arquivos que conservaban a documentación desta tradición se perderon, os historiadores sitúan nesas mesmas datas do século XVII a orixe da Danza das Espadas, que non é outra cousa que o ritual visible en agradecemento ao patrón.

A confraría desapareceu no século XIX, e con ela a danza e o ritual. A mediados do século pasado o Ateneo Santa Cecilia decidiu recuperar esta tradición e devolveu o baile a Marín en 1959. Desde entón cumpre coa súa cita anual co santo patrón, que xa vai alcanzar case catro séculos de historia.

O desfile está formado por tres grupos, con máis dun centenar de persoas encargadas de realizar o baile. Lévase a cabo en forma de procesión, mentres se porta o santo, e detense en tres puntos do traxecto para realizar a danza, concretamente en fronte do palco de música da alameda, na praza de España e finalmente na praza do Reloxo.

Para ver e percorrer

Achegarse a Marín permite coñecer algunha das súas fermosas praias, entre as que se atopan as de Mogor, Aguete ou Loira. Outra boa opción é visitar o parque dos Sentidos.
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono
Onde...
Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos