Cabecera experiencia

Festa no berce do mestre de gaiteiros

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte
A Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes rende homenaxe a un dos gaiteiros máis ilustres, Avelino Cachafeiro, quen gravou a célebre Muiñeira de Chantada. O evento congrega numerosas bandas de música tradicional galega que realizan actuacións musicais con bailes tradicionais
Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo de Montes,Pontevedra

A parroquia de Soutelo de Montes aínda lembra hoxe a Avelino Cachafeiro, proclamado no ano 1924 como o mellor gaiteiro de Galicia.

Esta localidade do concello de Forcarei honra o seu afamado músico desde 1979 coa Festa do Gaiteiro, declarada de Interese Turístico Galego en 2010. Este festexo reúne centos de músicos cada ano e atrae miles de persoas de toda a comunidade e do país veciño, Portugal.

Avelino gravou en 1928 unha peza transcendental no repertorio tradicional, a Muiñeira de Chantada, e levouna polo mundo cos seus irmáns, tamén músicos. A orixe da festa remóntase aos encontros que organizaba co alumnado do grupo de gaitas da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Actualmente, a celebración reúne na praza dos Gaiteiros centos de músicos chegados de toda Galicia e dalgúns países estranxeiros. As gaitas, tambores e pandeiretas inundan a localidade de música e bailes tradicionais, todo un espectáculo sensorial para o oído e para a vista.

Pregón e ofrenda floral

A festa comeza co pregón e a ofrenda floral para honrar o recordo de Avelino Cachafeiro, o prodixioso autodidacta que aprendeu a tocar os instrumentos do seu avó e que, xunto aos seus irmáns, obtivo tal éxito que chegou a tocar en Sudamérica e nas Olimpíadas de Amberes. A figura de pregoeira ou pregoeiro é de grande importancia, xa que se selecciona tendo en conta a aquelas persoas que poñan en valor e contribúan a condecorar a memoria do que foi o mellor gaiteiro de Galicia.

A sesión vermú e a comida popular na carballeira do parque Venezuela son algúns dos actos festivos. Despois lévase a cabo unha ruada popular multitudinaria que congrega músicos e persoas afeccionadas. A festa conclúe cunha actuación de música e baile tradicional. Así, a Festa do Gaiteiro, convértese nunha cita indispensable en Soutelo de Montes para enxalzar a nosa cultura e a nosa tradición.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Verán
Onde...
Interior Norte