Unha rosa convertida en emblema

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Primavera
Onde...
Costa Sur   
O patrimonio cultural, natural, arquitectónico e histórico de Mos fai deste municipio un lugar con moitas razóns para gañar unhas horas na axenda de calquera visitante. A estes atractivos a localidade suma as súas múltiples festas. E entre todas elas, unha. A máis vinculada á vida mosense: a Festa da Rosa. Unha flor convertida en emblema

Lócea a diario no seu escudo como emblema municipal. Pero Mos tamén a exalta nunha xornada especial: a Festa da Rosa. De carácter oficial, este evento de Interese Turístico de Galicia sempre ten lugar o 13 de xuño, festivo local.

Desde 1973 homenaxéase a Rosa dos Quirós, moi presente na vida mosense. Así, todo tipo de actividades, coma talleres, exposicións ou concursos, citan nesta localidade pontevedresa persoas afeccionadas a esta flor, que poden participar, ademais, do amplo programa cultural que cada ano rodea esta celebración.

Edición tras edición búscase que a proposta de actividades ligada á Festa da Rosa responda ás expectativas de toda a familia, persoas novas e maiores. Entre elas destaca o concurso de ramo de rosas, no que se mostran diferentes creacións.

Cada vez son máis as persoas que visitan este concello das Rías Baixas para gozar desta celebración con máis de 40 anos de traxectoria. De feito, ademais de veciñas e veciños das localidades próximas, son moitos os que, chegados de Portugal, se achegan para coñecer esta tradición pontevedresa.

A gastronomía forma parte inseparable desta festividade. Así, a súa programación está moi vinculada ás festas dedicadas á empanada e ao pan de millo.

Mos tamén é coñecido por outros eventos, coma os dedicados ao codillo, a orella ou o polbo. Fóra do apartado gastronómico tamén celebra a Festa da Prehistoria e a festa Arde O Pazo. Ademais, conta con diversas rutas que convidan a coñecer a riqueza arquitectónica, cultural, relixiosa e patrimonial deste enclave pontevedrés, do que destacan os seus restos románicos ou o feito de estar situado no Camiño Portugués.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Primavera
Onde...
Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos