Os ollos do Atlántico

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur   
Os faros foron sempre gardiáns de océanos e mares. Construcións milenarias, son na costa o que os sinais na estrada, un aviso para frear ou continuar, unha invitación a dirixirte a un e a todos e a fantasiar coa idea da vida ermitá da persoa que traballa no faro.

A costa das Rías Baixas é moi famosa polos seus faros. Moitos deles gardan lendas sobre naufraxios cargadas de misticismo.

Unha costa como a de Rías Baixas, de perfil suave pero de entradas sinuosas, necesitou de faros para axudar a navegantes nas súas travesías e nos seus achegamentos a localidades costeiras. Actualmente a maioría están automatizados pero houbo un tempo no que a figura da fareira ou fareiro era indispensable para o seu funcionamento; rodeados dun halo de misterio e romanticismo, mulleres e homes consagrados á protección das costas cunha vida case ermitá.

A ruta na que podes imaxinar como sería esa vida levarache de terra firme ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Algunhas destas xoias do Atlántico son:

O faro de Punta Cabalo, na Illa de Arousa, que ofrece vistas sobre a ría de Arousa, as súas bateas e a próxima costa de Barbanza. Reconvertido en restaurante, continúa funcionando como guía na noite, o que engadirá o toque máxico a unha experiencia gastronómica xa de seu especial.

O faro de Ons que mantén a figura da fareira ou fareiro, unha das últimas de Galicia. Ao atractivo de acampar na principal illa do arquipélago de Ons, engádese o visitar un faro peculiar por edificarse sobre a base dun xa existente, e por ser dos últimos en pasarse ao uso da enerxía fotovoltaica. A visita ao monte Cucarno será obrigatoria se visitas Ons.

Enfronte e en terra firme, o faro de Cabo Home preside a Costa da Soavela, na península do Morrazo. Acompañar a visita deste faro cunha xornada de praia en Melide será case inevitable. Esta costa non conta unicamente con este extremo. Outra sinalización é a do faro de Punta Subrido e o de Punta Robaleira, entre os que poderás facer unha ruta de sendeirismo bordeando os cantís.

A pouco máis de 2,5 quilómetros, tan preto que che parecerá que as podes alcanzar coas mans, están as illas Cíes. Na chamada Illa do Faro atópase o edificio do faro de Monteagudo, que pon fin a unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas polas persoas que visitan estas illas ou por quen soña con ir algún día. O ascenso cheo de curvas merecerá a pena: 178 metros de altura, o horizonte a un lado, a ría de Vigo ao outro e a visión do arquipélago, das súas praias e da súa fauna e flora case desde o alto.

A cidade de Vigo conta cun miradoiro sobre a súa ría indispensable se buscas ese atardecer que garantirá as mellores fotos do teu álbum de vacacións: o monte da Guía. O promontorio no que se sitúa forma unha punta cara ao mar, coñecida como Punta da Guía, co seu correspondente faro. Orixinariamente construído no 1844, o actual data de 1914 e serviu para guiar as embarcacións que navegaban pola enseada de San Simón, sendo o seu lazareto naquela época a razón do importante aumento do tráfico marítimo. Hoxe en día marca o inicio da senda litoral do monte da Guía.

O máis setentrional desta ruta, o faro de Cabo Silleiro, levarate máis aló de Baiona e, temporalmente, ao século XIX, momento da súa construción. Pero este, demasiado preto das arremetidas do mar, foi abandonado e en 1924 elixiuse un punto máis alto na montaña para o novo. A súa función vólvese indispensable para a navegación da costa sur de Rías Baixas grazas ao longo alcance da súa lámpada.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos