Cabecera experiencia

Ons, a maxia dunha illa

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte
El archipiélago de Ons esconde un paisaje de cuevas marinas y espectaculares acantilados donde las leyendas se confunden con la magia y la brujería, porque las "meigas, habelas hainas".

O arquipélago de Ons pecha a ría de Pontevedra cunha liña de costa perfilada por praias e, na parte que non vemos desde a terra, esconde unha espectacular vista de costa escarpada. No pobo podemos visitar o barrio de Caño, coas súas casas típicas mariñeiras e os seus hórreos, construcións onde se gardaban os alimentos. Polas diferentes pistas existentes poderemos achegarnos ó alto do Centolo, desde o que se pode contemplar unhas fermosas vistas da praia da Lanzada e unha impresionante posta de sol sobre a illa de Sálvora. Na praia de Area dos Cans atópase a sepultura antropomorfa da Laxe do Crego, unha roca á que se pode acceder en función da marea e que debe o seu nome a que, probablemente, na época medieval se escavou unha tumba antropomórfica e na que se chegou a enterrar un sacerdote. A pesar de non haber constancia documental nin restos físicos de ningún mosteiro, debeu de existir algunha comunidade de monxes eremitas, como foi habitual noutras illas galegas e como o demostra a toponimia do sarcófago. Seguindo o percorrido pola illa atopámonos co buraco do inferno, un buraco de máis de 30 m no cal se di que se oen os lamentos das almas condenadas no seu eterno estertor pagando polos seus pecados e onde, en días de grandes tempestades, o mar chega batendo as rocas, facendo que os ouveos sexan interminables. Ás dúas da mañá córtase a luz en Ons e baixo esa penumbra case feroz un adopta como certas esas crenzas, aínda que sexa con esforzo melancólico. Tampouco nos podemos esquecer do famoso raio verde, un fenómeno óptico que se pode observar durante a posta de sol pero que só uns poucos tiveron o privilexio de ver cos seus propios ollos. As illas Ons son para moitos as máis "piratas" de Galicia, un lugar paradisíaco con moita maxia e encanto, como contan os que as visitan por primeira vez. As súas praias de area fina acariñada polo mar son un auténtico remanso de paz.

Tamén che propoñemos percorrer a ruta do faro: partindo do barrio de Curro, onde se sitúan todos os servizos dispoñibles na illa, atopamos, ademais da igrexa, o tres restaurantes onde se pode gozar da gastronomía, os manxares e os viños da zona. Pasaremos polo barrio mariñeiro de Caño, desde o que podemos apreciar unhas excelentes vistas e contemplar o cemiterio e a antiga igrexa. Proseguiremos a nosa ruta a través do piñeiral de Chan de Pólvora, onde se atopa a zona de acampada, ascendendo cara ó barrio de Cucorno, situado a 128 metros sobre o nivel do mar (máxima altitude da illa) e onde se sitúa o faro, ó que non está permitida o entrada pero desde o que se pode gozar dunha preciosa panorámica da costa (desde o monte Louro, na ría de Muros, polo norte, ata cabo Silleiro, en Baiona, polo sur).

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos