Cabecera experiencia

Paseando entre cogomelos

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte Icono Interior Sur Interior Sur

É certo que Rías Baixas conta con algunhas das praias máis fermosas de España.

Ademais, o seu clima de sol, con suaves temperaturas no verán, supón toda unha garantía de benestar  durante o período estival.

Pero Rías Baixas esmoito máis: paisaxes outonais pardentos, alfombrados coas follas desprendidas das árbores. Tempo de castañas e magostos e, como non podía ser menos, de cogomelos.

Coa caída da folla non só chega a choiva, os cogomelos fan tamén a súa aparición e os máis incondicionais prepáranse para a súa recolección. Son días de paseo e recolección polos montes desta zona, seleccionando os mellores exemplares de cogomelos desde primeira hora da mañá. Pero non só se goza durante a súa recollida, as xornadas de degustación congregan a miles de persoas cada ano en diferentes lugares de Galicia.

Distinguir os cogomelos comestibles dos que non o son é fundamental se queremos evitar as tan temidas intoxicacións. Por iso numerosas asociacións organizan ó longo de todo o mes xornadas micolóxicas, nas que se imparten leccións teóricas e prácticas de colleita e cómo recoñecer os cogomelos.

Colle a túa cesta e penetra neste fascinante mundo. E, xa de paso, goza da riqueza da flora e a fauna que nos brinda Rías Baixas.

Unha boa maneira de vivir esta experiencia é saír ós montes da fraga de Catasós ou a serra do Candán, que en temporada de castañas se pode compaxinar coa recollida de cogomelos.

Para non desconectar da maxia da natureza o ideal é aloxarse nun establecemento de turismo rural xa que existe unha gran variedade ó longo de todas las Rías Baixas.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono
Onde...
Interior Norte    Interior Sur