Pontevedra nos ollos dos artistas

Buscador
Artistas pontevedreses de nacemento ou adopción e visitantes na provincia sentíronse atraídos polas súas paisaxes, tal e como o reflectiron en moitas das súas obras, a maior parte debuxos, óleos ou augadas, pero tamén esculturas nas que as súas xentes se converten en protagonistas, á vez que permiten reflexionar sobre a evolución histórica e artística de Galicia.

En virtude dunha selección de obras da exposición permanente do Museo de Pontevedra o visitante pode facer un percorrido polas salas dos diversos edificios que o compoñen e contemplar esas vedutas e paisaxes máxicas a través das que viaxar polo pasado e o presente da provincia.

Así, un lugar ou a súa xente converteranse na escusa perfecta para falar de arte, de historia, de nostalxia ou de futuro. Estas obras son unha visión única e persoal de artistas de diferentes épocas que se converteron en auténticos reporteiros gráficos do momento que lles tocou vivir.

A visita pódese facer por libre, seguindo un itinerario establecido que se pode solicitar na recepción do Sexto Edificio do Museo ou concertando unha visita guiada gratuíta co Gabinete Didáctico, que lle facilitará a información necesaria para realizar este percorrido dunha maneira lúdica e pedagóxica para todos os públicos.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos