Cabecera experiencia

Pasea polo conxunto histórico-artístico de Pontevedra

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte Icono Costa Sur Costa Sur
A zona antiga de Pontevedra é un dos seus valores engadidos como cidade premiada e recoñecida, tanto pola súa renovación urbanística e comodidade para as cidadás, cidadáns e visitantes como pola súa rehabilitación e integración no día a día.

A puxanza económica do seu porto, vixente ata o século XVII, favoreceu unha memoria marítima afastada da realidade comercial e económica de hoxe en día pero presente no seu Gremio de Mareantes e nas historias dos seus famosos mariños. O seu casco antigo, accesible en dimensións pero intrincado na disposición de rúas e prazas, resulta unha perfecta mestura da arquitectura fidalga e rexional.

O mellor punto de partida é sempre a Alameda, unha das zonas verdes da cidade e próxima ás ruínas do convento de San Domingos. Estas forman parte do Museo Provincial, con algunhas pezas arqueolóxicas no seu esqueleto externo, recentemente restaurado.

Ao fondo da praza de Santa María apréciase a fachada sur da basílica de Santa María a Maior, principal igrexa de Pontevedra. Construída no século XIV, é obrigatorio alzar a vista ante a súa portada plateresca, encargo do Gremio de Mareantes no século XV, que presenta algunhas representacións asociadas co mar e coa historia do noso país na súa ornamentación, como as vieiras e os bustos de Cristóbal Colón e Hernán Cortés acompañando ao rosetón.

Aos gremios ou ás actividades que se desenvolvían nelas deben os seus nomes as prazas de Pontevedra, amplas ou escondidas entre vivendas e pazos. Os soportais da cidade antigamente permitían atravesar case a totalidade dos intramuros sen mollarse no caso de que chovese. Entre esas rúas protexidas pola pedra granítica atópase o Museo de Pontevedra, unión de tres edificios históricos.

Parada da peregrinación a Compostela, os edificios relixiosos que se atopan continuando as frechas amarelas levarán os pasos da peregrinaxe á igrexa da Peregrina, xoia do barroco do ano 1778, a igrexa de San Bartolomeu e mais a de San Francisco, así como o convento de Santa Clara.

Tamén a arquitectura civil forma parte da historia da cidade, coma no caso do impoñente edificio da antiga delegación do Ministerio de Facenda, exemplo de gótico tardío e monumento histórico-artístico desde 1896. Debido ao seu pasado como propiedade da igrexa de San Francisco, desde a súa construción no século XIV, sufriu os efectos da desamortización e pasou por varias etapas e usos.
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos