Quen teme o lobo feroz

Buscador
Esta experiencia transcorre no medio da espectacular paisaxe da serra do Cando, que forma un macizo montañoso

Forma un macizo montañoso que se estende ó longo da fronteira central da provincia de Pontevedra con Ourense.

Neste espazo, de gran interese ambiental e paisaxístico, aínda atopamos mostras dunha cultura popular que fai referencia á Galicia doutra época, grazas a un medio que apenas foi alterado. A meirande parte desta cultura está intimamente relacionada co lobo, antigamente moi temido nestas serras e ó redor do cal aínda se conserva un gran patrimonio, tanto inmaterial (lendas, contos...) coma material (foxos do lobo, chozos...); neste último caso para protexer o gando ou para cazalo.

A todo isto hai que unir o gran valor paisaxístico e natural (fervenzas, praias fluviais, etc.) e patrimonial (Área Arqueolóxica de Tourón, pontes, etc.) que posúe este territorio.
O percorrido desta experiencia ten como fío condutor a presenza do lobo nas serras do Cando e do Suído.

Houbo unha época na que a presenza do lobo nesta contorna natural era aínda común: desa época son as lendas e contos sobre este animal que, en ocasións, era cazado no popularmente coñecido como foxo do lobo, moi ben conservado e que se pode observar nun dos tramos da Ruta de Sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo.
Relacionadas tamén coa caza están moitas das imaxes de gravados rupestres da Área Arqueolóxica de Tourón en Ponte Caldelas.

A Ruta dos Arrieiros, tamén cunha importante tradición, pasa por esta área arqueolóxica como senda de unión, antigamente comercial e hoxe turística, entre a costa e as montañas do interior das Rías Baixas.

O ideal é aloxarse nun establecemento de turismo rural da zona para non perder o encanto dos días inmersos en plena natureza e tradición.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos