Revive a paixón de Cristo

Buscador
Este municipio organiza unha das festas de interese turístico de Galicia máis particulares desta época do ano. A recreación das escenas da Paixón de Cristo alcanza grandes cotas de realismo e converteuse por dereito propio nunha das máis esperadas en Rías Baixas.

Quen se achegue á parroquia de Paradela participará do fervor das preto de 900 persoas que aquí residen, espectadoras do mesmo xeito que quen visita e ve as escenas representadas por actores e actrices non profesionais, as propias veciñas e veciños que, durante unha semana, se entregan á escenificación da Paixón.

Crese que a celebración da Semana Santa en Paradela se remonta aos séculos XVI ou XVII, pero é no XVIII, coa compra dunha talla articulada, cando comezan as representacións. A partir de 1900 utilízanse os exteriores como escenario, sendo ata entón a igrexa o único recinto habilitado. O respecto do guión e a confección artesá dos traxes dota as escenas dunha veracidade moi valorada polo público que asiste cada ano.

Ademais da igrexa, un lugar da celebración que se pode visitar todo o ano é o monte da Croa. A 500 metros do templo, o monte, que no seu día foi unha canteira de explotación de granito, serve de escenario para a crucifixión, morte e desencravo de Xesús e ofrece unha visión moi parecida ao que sería o monte do Calvario. 

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Primavera
Onde...
Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos