Cabecera experiencia

Rías Baixas parede a parede

Buscador
Gozar con...
Icono Grupo Grupo
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur Icono Interior Norte Interior Norte Icono Interior Sur Interior Sur
O turismo e o deporte teñen o poder de provocar sensacións moi parecidas: poñerse a proba, superar etapas, precisar de preparación e planificación para garantir o éxito e, ademais, crean adicción.

Coidarse está de moda: podémolo comprobar co crecente número de ximnasios e carreiras populares e coa cantidade de corredoras e corredores que vemos polas rúas e parques a case calquera hora do día.

Pero desde sempre, aínda que non con tanta forza mediática, houbo disciplinas deportivas que, ademais de proporcionarnos endorfinas, nos achegan a lugares da nosa contorna e permítennos velos desde outra perspectiva. Un deles é a escalada.

Para practicar este deporte só precisas roupa cómoda e axustada, coa que desenvolverte ben dentro dun arnés, e calzado confortable que che permita moverte por unha parede sen ningún problema e con total seguridade. Precisarás tamén unha cuadrilla que te acompañe. Esta pode ser desde un grupo de amigos ata a túa familia, mesmo se hai nenos, xa que é un exercicio que se pode realizar desde os seis anos de idade.

Tanto se te estás iniciando na escalada coma se es xa habitual desta actividade, atoparás empresas que se adapten ás túas preferencias. Poñerán á túa disposición materiais e recursos humanos para que poidas experimentar o que supón chegar ao alto dun rocódromo e poñelo en práctica en paredes exteriores. Montañas de Silleda, O Porriño ou Vigo e litorais únicos como a Costa da Soavela serán algunhas das vistas que levarás de recordo.

Gozar con...
Grupo
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos