Cabecera experiencia

Terra á vista!! Primeira noticia do descubrimento de América

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur
Unha oportunidade única de pisar a mesma terra que no ano 1493 tocou a carabela Pinta tras o descubrimento de América. Baiona foi o primeiro porto de Europa en recibir esta noticia e desde onde se transmitiu ao resto do continente.

Cada primeiro de marzo conmemórase o aniversario da chegada da noticia do descubrimento de América. A fin de semana máis próxima a esa data celébrase a que desde o ano 2015 se converteu na Festa de Interese Turístico Internacional da Arribada, na que durante dous días as rúas e a xente de Baiona se transforman representando unha parte da historia medieval galega e española.

Unha das formas de acceder a Baiona eses días é por barco, quizais a que máis che axude a poñerte na pel daquela tripulación que vía chan europeo tras meses de aventuras en alta mar. Preto de 200.000 persoas vístense á maneira da época para asistir aos espectáculos programados. Foi a finais do século XIX, con motivo do IV centenario do descubrimento, cando se acreditaron os actos solemnes celebrados en Baiona por tal motivo e foi en 1993 cando o conxunto histórico de Baiona foi declarado de interese histórico-artístico.

A festa comeza cos doce disparos desde a fortaleza de Monterreal e a apertura do Real Mercado. A gastronomía tradicional e mais a representación de oficios son os protagonistas, chegando a haber 400 postos onde se poden adquirir produtos oficiais da festa.

Os protagonistas da programación son a representación teatralizada da chegada da carabela, a exhibición de cetrería e a xusta a cabalo na praia da Ribeira. Competicións de esgrima, tiro con arco e o desfile medieval completan os festexos. 

Museo da Carabela Pinta
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos