Cabecera experiencia

Tralas pegadas da Orde de San Xoán de Xerusalén ou de Malta

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur

Ata 1862 a parroquia de Castrelos pertence ós Cabaleiros da Orde de San Xoánn de Malta polo que o seu párroco tiña carácter de prior. A igrexa de Santa María de Castrelos, unha auténtica xoia do románico, foi consagrada en 1216, sobresaíndo a rica ornamentación da súa porta occidental. Na zona consérvanse, ademais, a ponte medieval e o cruceiro, do século XVII.

Na península do Morrazo, en Bueu, podemos visitar a igrexa de Santa María de Cela, un templo parroquial desde o que se divisa unha magnífica panorámica costeira. De estilo románico, a súa tipoloxía é un fiel reflexo das igrexas construídas pola orde dos sanxoanistas. Consta dunha soa nave, rematada nunha ábsida rectangular á que se abre un van de arcos de aresta. Destacan no presbiterio dous arcos oxivais con curiosas figuras en baséalas e capiteis. No exterior a porta de acceso áchase enmarcada por dúas arquivoltas apuntadas, sustentadas por columnas acobadadas nas xambas. Posúe un curioso tímpano ornamentado con dous leóns que flanquean unha figura encapuchada e tres cruces.

A igrexa de Santa María do Campo, en Marín, foi construída a finais do século XII e principios do XIII. É de estilo románico algo tardío. Desta época conserva no interior un arco triunfal, basto, estreito e apuntado, a través do que se accede ó presbiterio, con forma rectangular. Nunha segunda fase de construción, no século XVI, realízase a nave, de estilo barroco. Posúe tamén unhas magníficas pinturas murais góticas. Pertenceu á Encomenda de San Xoán

Gozar con...
Parella Grupo
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos