Tras os pasos de Dona Urraca

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Sur   
Esta experiencia está ambientada nas vivencias de dona Urraca, raíña de Galicia, León e Castela a principios do século XII, nas Rías Baixas.

Tras o seu segundo matrimonio viviu inmersa nunha serie de conflitos pola coroa coa súa irmá Teresa e o seu fillo, algúns dos cales se desenvolveron na comarca do Condado.

Este percorrido tras os seus pasos transcorre por lugares coma o Castelo de Sobroso, en Mondariz, onde foi asediada tras o seu segundo matrimonio polos partidarios do seu fillo (o conde de Traba e a súa media-irmá Teresa), aínda que segundo a lenda conseguiría fuxir por un pasadizo ata o río Tea. Tamén estivo presente na muralla de Salvaterra do Miño (en cuxo interior se conserva un recinto abovedado que se coñece co nome de covas de Dona Urraca) onde dirixiu o ataque, xunto a Diego Xelmírez, contra a súa media-irmá Teresa (raíña de Portugal).

Tamén se di que había un túnel que cruzaba o Miño chegando ata Portugal, que era aproveitado pola raíña nas súas correrías amorosas e políticas.

Podes visitar os escenarios onde dona Urraca viviu estes episodios da súa alborotada vida iniciando o teu percorrido no Castelo de Sobroso, en Mondariz.

A continuación podes achegarte ó río Tea e pasear polas súas beiras así como divisar o val onde se cultivan os viños e a praia da Freixa, en Ponteareas.

O percorrido desta experiencia pode terminar coa visita, en Salvaterra de Miño, á fortaleza que domina o paso do río Miño.

Este itinerario pode combinarse cunha experiencia de viticultura, posto que este transcorre pola comarca do Condado onde se cultiva parte da colleita de uvas que dan cada ano os afamados albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas. A importancia dos viños brancos do Condado remóntase á Idade Media, posto que nesta época xa eran exportados a outros lugares de Europa, como proban numerosos documentos mercantís da época.

Esta experiencia tamén pode ser completada co gozo dunhas das augas mineiro-medicinais máis coñecidas de España e de máis historia no balneario de Mondariz.

 

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos