O teu mellor swing en Rías Baixas

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Sur   
Estes cinco campos de golf de norte a sur sitúanse en contornas costeiras coma as da Toxa, Meis, Moaña e Vigo e tamén no interior, coma no caso de Mondariz-Balneario.

Os cinco campos de golf dos que se pode gozar en Pontevedra repártense por puntos clave na xeografía de Rías Baixas.

O que se localiza máis ao norte está situado nunha illa, A Toxa, coñecida polas súas augas termais, os seus hoteis e a súa ermida consagrada a san Caralampio, cuberta totalmente de cunchas de vieiras.

Este campo dispón de dezaoito buracos e un campo de prácticas onde podes iniciarte se aínda non dominas o terreo. Tras percorrer todos os buracos poderás descansar en calquera dos seus balnearios.

Un pouco máis ao sur, case chegando á ría de Pontevedra, no alto do monte Castrove, chégase ao campo de golf de Meis. Con espléndidas vistas á ría de Arousa, pon á túa disposición putting e pitching greens, así como a posibilidade de contratar clases para aproveitar cada un dos seus dezaoito buracos, nunha zona adornada por lagos, obstáculos naturais, un bosque de piñeiros galegos e o aire de montaña costeira.

O campo de golf de Moaña rétate en cada percorrido. Conta con dezaoito buracos nas súas 65 hectáreas de terreo, nos que hai seis lagos e un río e desde onde se pode divisar a ría de Vigo, a cidade olívica e a ponte de Rande. Ademais dos servizos habituais tamén poderás atopar pistas onde realizar outros deportes (tenis, pádel, baloncesto, fútbol sala…).

Cruzando a ría, a cidade de Vigo tamén dispón de campo de golf. Situado a escasa distancia do aeroporto de Peinador, os seus nove buracos destacan por estar nun percorrido estreito, ben protexido, onde se esixe precisión pero, en troques, non se han de salvar demasiados obstáculos, agás unha árbore no buraco 4 e un lago no buraco 1, lago do que nace o río Lagares que atravesa a cidade.

Dos cinco campos de golf que hai en Rías Baixas só un está nunha zona de interior, o de Mondariz-Balneario. Nesta vila termal por excelencia atópase un campo de golf de dezaoito buracos, no medio dun val de alto valor natural, que conta con carriños de golf, campos de prácticas, escola e greens de gran tamaño. Na súa contorna sitúase un dos mellores balnearios de España, o de Mondariz, que fará necesario e desexable un descanso no seu centro termal.

Clica no enlace para ver o vídeo

www.latojagolf.com

www.campodegolfmeis.com

www.riadevigogolf.com

www.racvigo.es

www.balneariomondariz.es

Gozar con...
Parella Grupo
Cando ir...
Outono Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos