A pesca máis ancestral a beiras do río Miño, a lamprea

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Inverno Primavera
Onde...
Interior Sur   

A lamprea é un peixe misterioso que se pesca no Miño desde a época dos romanos grazas a unhas construcións que aínda se conservan hoxe en día e que reciben o nome de pesqueiras. Este peixe, de peculiar aspecto, pódese preparar de diversas maneiras (aínda que a máis coñecida é no seu sangue) e, ademais do seu característico sabor, dise que tamén ten propiedades afrodisíacas.

A lamprea viaxa varios anos polo océano ata volver ó río no que naceu, subindo en contra da intensa corrente, que é a que fai do Miño un lugar idóneo para a práctica de certas actividades de turismo activo como hidrospeed, rafting, canoa ou piragüismo en augas máis tranquilas como as do encoro da Frieira, en Crecente, ou no curso baixo do Miño, en Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.

Esta experiencia desenvólvese nas marxes do río máis importante de Galicia ó seu paso por Rías Baixas, O Miño.

Desde Crecente ata Salvaterra de Miño pódese gozar das máis belas paisaxes fluviais que caracterizan o interior de Rías Baixas.

Podes visitar as pesqueiras, que é onde comeza o proceso de pesca artesanal da lamprea; de xaneiro a maio pódense atopar pescadores desenvolvendo as súas habilidades de pesca desta especie ancestral.

Pódese degustar un prato de exquisita preparación e presentación de lamprea, nun restaurante de Arbo (localidade onde en abril se celebra a Festa da Lamprea) ou nas Neves, prato que se pode acompañar cun viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, coñecida sobre todo polo Albariño, cultivado tamén nesta zona de interior.

Durante esta experiencia pódese gozar dun paseo pola ribeira e o val do río Miño divisando as súas fermosas paraxes fluviais e naturais, ademais de pazos coma o da Fraga en Crecente, o de Almuíña e o da Moreira en Arbo.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Inverno Primavera
Onde...
Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos