cabecera_camelia
Buscador

Mousse de limón, té verde de camelia e fabas de cacao

 

Xelatina de té verde con nata semimontada, zume de limón e infusión de té verde, aliñada con aceite de camelia e fabas.

Ingredientes:

  • Zume de limón
  • Colas de peixe
  • Azucre
  • Nata
  • Infusión fría de té verde de camelia
  • Fabas de cacao

Elaboración:

Quentar 100 g de zume de limón e diluír nel as colas de peixe previamente hidratadas e o azucre. Mesturar o resto do zume coa infusión e a mestura anterior e deixar temperar. Semimontar a nata. Mesturar todo e servir en copas, botando primeiro no fondo a decoración da xelatina de té verde. Gardar no frigorífico. Aliñar a sobremesa cun pouco de aceite de camelia e fabas de cacao.