Fiestas en Rías Baixas

Castelos

Soutomaior e Sobroso:
esplendor en pedra

Impoñentes fortalezas eríxense en fermosos outeiros da provincia de Pontevedra e lémbrannos a grandeza doutras épocas. A súa situación estratéxica serviu de protección e defensa contra os ataques inimigos. Símbolos de poder na Idade Media, hoxe os castelos das Rías Baixas convértense no pasaporte perfecto para iniciar unha viaxe ao pasado e descubrir en primeira persoa a historia deste destino e das familias da alta nobreza que viviron entre os seus muros.

Castelo de Soutomaior

Castillo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é a perla do patrimonio fortificado das Rías Baixas. Testemuña de batallas, intrigas, loitas de poder entre familias nobres, disputas familiares e visitas de grandes personalidades, ao longo da súa historia viviu épocas de grandeza e tamén de ruína. Hoxe, este maxestoso recinto situado ao fondo da ría de Vigo, no municipio de Soutomaior, brilla en todo o seu esplendor e está chamado a converterse nun referente turístico internacional.

Reserva AQUÍ as entradas

E se o castelo é monumental e extraordinario, non o é menos o Xardín de Excelencia Internacional de camelias, de gran beleza e prestixio, no que unha colección de camelias enormemente valiosa, cuxa floración se produce nos meses de... [SEGUE LENDO]

Castelo de Sobroso

Castillo de Soutomaior

Escenario de grandes batallas e rodeado dun contorno paisaxístico singular, o castelo de Sobroso é un dos máximos expoñentes do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Situado no alto dun outeiro en Vilasobroso (Mondariz), a máis de 300 metros sobre o nivel do mar, esta impresionante fortaleza medieval impacta tanto pola súa beleza como polo seu perfecto estado de conservación.

Reserva AQUÍ las entradas

O castelo de Sobroso está custodiado por un gran parque forestal no que conviven árbores autóctonas con outros exemplares, ofrecendo a quen visita o lugar... [SEGUE LENDO]