Patrimonio Cultural
Buscador

Rías Baixas: unha paisaxe celestial

A paisaxe da provincia de Pontevedra e a súa historia están tinguidas de espiritualidade. Á beleza natural dos seus bosques, ríos, praias e suave litoral únese a mística dos seus recunchos máxicos, de culto e retiro, onde illarse do mundanal ruído e vivir tamén parte da experiencia deste formidable destino turístico.

Mosteiros, igrexas ou santuarios son remansos de paz enclavados en paisaxes idílicas de costa e interior. A catedral de Santa María en Tui constitúe a xoia da coroa cun fermoso casco histórico ás beiras do río Miño. A paisaxe urbana de Pontevedra no podería entenderse sen a silueta da Peregrina, santuario cunha característica forma de cuncha de vieira e parada obrigatoria no Camiño de Santiago. O cenobio de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda emerxe sobre o frondoso bosque e coroa unha montaña co río Deza aos seus pés, nunha simbiose perfecta entre natureza, arquitectura e espiritualidade.

Catedral de Santa María en Tui
Iglesia de la Peregrina en Pontevedra

Misticismo e paisaxe fúndense nas Rías Baixas. Subir ao monte do Facho, en Cangas de Morrazo, retrotráenos á época prerromana e ao lugar no que se lle rendía culto á deidade galaica Berobreo. Desde alí contémplanse as Illas Cíes, non en van coñecidas polos romanos como “IIlas dos Deuses”. O cemiterio de Santa Mariña Dozo, en Cambados, alcanza a categoría de obra de arte e está recoñecida entre os camposantos singulares máis fermosos de toda Europa.

Seis rutas xacobeas cruzan a provincia de Pontevedra. Igrexas, cruceiros, mosteiros e outros lugares e monumentos de culto sucédense no Camiño. Benvidas e benvidos a este paraíso terreal no que as tres rías (Vigo, Pontevedra e Arousa) compoñen, xunto ás montañas, vales e un patrimonio relixioso único, unha paisaxe celestial.

Monte O Facho en Cangas
Cementerio de Santa Mariña Dozo en Cambados