cabecera_camelia
Buscador

O castelo de Soutomaior é a perla do patrimonio fortificado das Rías Baixas. Testemuña de batallas, intrigas, loitas de poder entre familias nobres, disputas familiares e visitas de grandes personalidades, ao longo da súa historia viviu épocas de grandeza e tamén de ruína. Hoxe este maxestoso recinto, situado ao fondo da ría de Vigo, brilla en todo o seu esplendor e está chamado a converterse nun referente turístico internacional.

E se o castelo é monumental e extraordinario non o é menos o Xardín de Excelencia Internacional, de gran beleza e prestixio, no que destacan árbores centenarias e unha colección de camelias sumamente valiosa. Varias sendas permiten coñecer a fondo a súa gran riqueza botánica.

Castillo de Soutomaior
Castillo de Soutomaior, sendas

A fortaleza, cunha orixe que remonta ao século XII e á que se engadiu un palacio neogótico no XIX, vive unha nova época dourada. A musealización do interior, con tecnoloxías para expor de forma amena e creativa as súas características, figuras vinculadas e importancia no territorio, supón un salto cualitativo no atractivo dun recinto xa de seu impoñente.

Oculta ao fondo da ría de Vigo para evitar as invasións por mar, emerxe esta fortaleza que harmoniza historia e beleza paisaxística

Detrás dos seus muros habitaron personaxes coma Pedro Madruga, clave na Galicia do século XV, que algúns estudos sitúan como o verdadeiro Cristóbal Colón; ou María Vinyals, escritora e pioneira da defensa das mulleres nun tempo –finais do século XIX e principios do XX-, no que  estaban condenadas a un papel sometido.

Oculta ao fondo da Ría para evitar outrora as invasións por mar, e situada nun enclave estratéxico para controlar as comunicacións entre Galicia e o norte de Portugal, emerxe esta fortaleza, propiedade da Deputación de Pontevedra, que harmoniza patrimonio histórico e beleza paisaxística. Convidámosvos a percorrela e introducirvos na historia da provincia. belleza paisajística. Os invitamos a recorrerla y adentraros en la historia de la provincia.

Contido web Contido web

Castelo de Soutomaior

Insuperable

Imagen folleto
Este conxunto arquitectónico, metade fortaleza medieval, metade palacio neogótico, é toda unha xoia das Rías Baixas, non só polo seu valor patrimonial, senón tamén por todas as lendas que viran ao redor del
es-fr en Outros idiomas: Icono idiomas