cabecera-patrimonio-literario
Buscador

Festas de Rías Baixas: un grande espectáculo coa mellor gastronomía

Os viquingos do século XXI que desembarcan en Catoira xa non buscan os tesouros de Compostela: queren festa. Baiona regresa en marzo a 1493 para recrear a noticia do Descubrimento. Veciñas e veciños de Ponteareas locen ante o mundo as súas espléndidas alfombras florais do Corpus Christi. E en Sabucedo (A Estrada) os aloitadores e aloitadoras rapan cada ano as crinas das bestas nunha loita épica e coral. As catro, marca distintiva dos eventos lúdicos populares da provincia de Pontevedra, foron declaradas Festas de Interese Turístico Internacional. Pero hai moitos máis: ata 47 festas están distinguidas a distintos niveis.

Festas de interese turístico internacional da provincia de Pontevedra

  • Festa da Arribada (Baiona)
    Festa da Arribada (Baiona) A festa medieval por excelencia, celebrada en Baiona, recrea o anuncio do descubrimento de América tras a chegada, o 1 de marzo de 1493, da Carabela A Pinta con Martín Alonso Pinzón ao mando. Cabaleiros, artesáns, ferreiros, bufóns, mesoneiros, cíngaras e outros personaxes da época toman a Real Vila, á que acoden decenas de miles de persoas para divertirse nesta espectacular viaxe no tempo.
  • Corpus Crhisti (Ponteareas)
    Corpus Crhisti (Ponteareas) A tradición de confeccionar pequenas alfombras ao paso da procesión do Corpus en Ponteareas, de principios do século XIX, converteuse nunha gran festa turística de arte efémera na que colaboran todas as veciñas e veciños. Máis de 5.000 metros cadrados de colorido pavimento floral engalanan a vila tras esfollaren a flor colleitada durante todo o ano. Unha festa para gozar coa vista, o tacto e o olfacto.
  • Rapa das Bestas (A Estrada)
    Rapa das Bestas (A Estrada) O espectáculo que atrae a fotógrafos e fotógrafas de todo o mundo pola súa vistosidade nace da tradición do século XVIII de desparasitar as bestas. Os aloitadores e aloitadoras de Sabucedo (A Estrada) non utilizan nin cordas nin varas nin ningún outro instrumento para reducir os cabalos senón que o fan coa súa propia mestría e forza. As manadas pacen libres no monte durante todo o ano.
  • Romería Vikinga (Catoira)
    Romería Vikinga (Catoira) Os viquingos, a bordo dos seus drakkars, desembarcan cada verán con sede de festa ao pé das Torres de Oeste, en Catoira. Milleiros de persoas acoden cada ano ao espectáculo teatral, que rememora un episodio con máis de mil anos de historia. O evento é un símbolo de numerosos pobos da Europa Atlántica vinculados ás incursións viquingas.
  • Fiesta del Albariño (Cambados)
    Fiesta del Albariño (Cambados) A grande homenaxe ao príncipe dos viños galegos, o Albariño, atrae a Cambados a decenas de miles de persoas. A súa orixe remóntase a un concurso entre adegas da zona, coincidindo coa festividade da Virxe da Pastora, patroa da vila do Salnés. Hoxe é unha festa con gran prestixio, coma os caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas, e mostra a estreita vinculación de Cambados coa cultura vitivinícola a través de decenas de actividades en todos os ámbitos.

Contido web Contido web

Festas de interese turístico nacional da provincia de Pontevedra

  • Feira do Cocido (Lalín)
    Feira do Cocido (Lalín) Lalín é a capital mundial do Cocido no inverno. A festa empezou en 1968 como unha xornada de exaltación gastronómica, e co tempo prolongouse o evento ata abarcar todo un "Mes do Cocido". A vila da comarca de Deza convoca a decenas de miles de persoas para degustar o saboroso manxar, unha receita cunha ducia de ingredientes, que, perfectamente combinados, pon sobre a mesa o mellor cocido.
  • Festa da Lamprea (Arbo)
    Festa da Lamprea (Arbo) A ancestral lamprea, un dos peixes máis primitivos da terra con 500 millóns de anos de antigüidade, baixa polo Miño ao mar e remonta o río ao final da súa vida para morrer. En Arbo celébrase a festa de degustación de referencia deste prezado manxar. Prepárase en diferentes variedades e o evento é tamén un escaparate dos produtos de calidade da comarca do Condado-Paradanta.
  • Festa do Marisco (O Grove)
    Festa do Marisco (O Grove) O mundo do mar e o da hostalería, os dous sectores estratéxicos do Grove, conflúen neste evento creado en 1963 no que se mostran os mellores produtos da ría de Arousa. Miles de persoas se dan cita na gran carpa instalada no entorno do porto e abarrotan tamén os restaurantes da vila, nun auténtico festín multitudinario dos mariscos con máis calidade en todo o mundo.
  • Fiesta del Agua (Vilagarcía de Arousa)
    Fiesta del Agua (Vilagarcía de Arousa) Los romeros y romeras de San Roque acudían a refrescarse después de la procesión para aliviar el calor del verano, y esa costumbre ha derivado en un gran acontecimiento lúdico. La fiesta pagana asociada a los actos religiosos reúne cada verano a miles de personas. La lectura del pregón da paso a una ducha colectiva en las calles con la ayuda del cuerpo de bomberos, protección civil y las vecinas y vecinos armados desde ventanas y balcones con cubos y mangueras.

Contido web Contido web

Festas de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra

XANEIRO

Danzas ancestrais de San Sebastián (Cangas)

FEBREIRO

Entroido de Cobres (Vilaboa)

Festa do lacón con grelos (Cuntis)

MARZO

Festa do Caldo de Mourente

Festa da Reconquista (Vigo)

Semana Santa de Cangas

Semana Santa de Paradela (Meis)

Festa do Requeixo e do Mel (As Neves)

Festas patronais de San Telmo (Tui)

Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior)

Carnaval de Cobres, Pontevedra
Fiesta de La Reconquista en Vigo

ABRIL

Festa Encontro Degustación do Millo Corvo (Bueu)

MAIO

Festa do Choco (Redondela)

Festa do Salmón (A Estrada)

Festa da Troita (Ponte Caldelas)

Festa gastronómica do Galo de Curral (Vila de Cruces)

XUÑO

Festa do Corpus Christi (Redondela)

Festa das Alfombras Florais de Bueu

Festa da Rosa (Mos)

XULLO

Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira (A Guarda)

Festas de San Benitiño de Lérez

Festa da Vieira (Cambados)

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo)

Festa do Carneiro ó Espeto (Moraña)

AGOSTO

Romaría da tortilla de Laro (Silleda)

Festa do Monte (A Guarda)

Festa do mexillón e do berberecho (Vilanova de Arousa)

Danzas ancestrais de San Roque do Hío (Cangas)

Festa da Ameixa de Carril (Vilagarcía de Arousa)

Festa da Empanada de Bandeira (Silleda)

Festa do gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei)

Descenso internacional do Miño (Tui)

Feira do viño do Rosal

Festa do Viño do Condado de Tea (Salvaterra de Miño)

Festa da Anguía e Caña do País (Valga)

Fiesta del Salmón en A Estrada, Pontevedra
Fiesta de la Vieira en Cambados

SETEMBRO

Feira Franca (Pontevedra)

Romarías da Virxe da Franqueira (A Cañiza)

Danzas ancestrais de Darbo (Cangas)

Festa de San Miguel e Danza das Espadas (Marín)

NOVEMBRO

Festa do San Martiño (Moaña)

DECEMBRO

Belén artesanal en movemento (Valga)

Fiesta del Berberecho en Vilanova de Arousa, Pontevedra
Feira Franca en Pontevedra