cabecera-patrimonio-literario
Buscador

Patrimonio inmaterial de As Rías Baixas: da lenda á festa

A provincia de Pontevedra é un destino máxico: polos seus recunchos repletos de historias e lendas tanto na costa coma no interior, e polas súas magníficas festas, que conservan intacta a tradición, reviven grandes episodios históricos e lles renden culto aos mellores produtos gastronómicos das Rías Baixas .

Tesouros afundidos, corsarios que preparan os seus ataques nas Illas Cíes, misteriosos e ancestrais labirintos gravados en pedras, relatos incribles vinculados á chegada do corpo do Apóstolo Santiago... A maxia da provincia impregna rías, praias, montañas, bosques, fervenzas, pozas e illas.

Puesta de Sol en Cangas, Pontevedra
Ermita da Lanzada

As festas compoñen un dos mosaicos máis atractivos desta terra. Históricas, épicas, artísticas, gastronómicas… Medio centenar están declaradas de Interese Turístico, catro delas con recoñecemento internacional: A Arribada de Baiona, as alfombras do Corpus Christi de Ponteareas, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) e a Romaría Viquinga de Catoira. Un legado de enorme riqueza que atrae a decenas de miles de persoas ano tras ano.

Rapa das bestas en Sabucedo, Pontevedra
Alfombras florales en Ponteareas, Pontevedra

O recordo dos antigos poboadores galaicos permanece incólume no máxico castro de Santa Trega ,o xacemento máis importante do noroeste peninsular; do mesmo xeito que O Facho, lugar no que se erixía o santuario do deus Berobreo; ou na Lanzada, onde perviven ritos ancestrais relacionados coa fertilidade. Petróglifos, mámoas e dolmens son vestixios en pedra deste destino máxico. Os relatos sobre a Santa Compaña e as meigas, o conxuro da queimada, ou os ritos da Noite de San Xoán conservan a súa aura de misterio, alleos ao paso do tempo.

Barco vikingo de Catoira, Pontevedra
Castro de Santa Tegra en A Guarda

Convidámoste a viaxar polo patrimonio inmaterial da provincia de Pontevedra. Goza das súas festas, déixate seducir polos seus recunchos máxicos e descubre os seus mitos e lendas.

Petroglifo de Mogor en Marín, Pontevedra
Hoguera de San Juan