Descubre Pontevedra desde las alturas
Buscador

No verán, un dos puntos imprescindibles da costa pontevedresa para quen presume de coñecer ben a nosa xeografía son as praias do Grove. Se queremos coñecer desde o máis alto a súa beleza, unha boa opción é desprazarnos ao miradoiro da Siradella, o punto máis alto da península do Grove e o mellor miradoiro para contemplar a ría de Arousa e o océano Atlántico.

monte da Siradella, con 166 metros de altitude, ofrece unha impresionante vista de lugares únicos coma as illas atlánticas, O Grove, Sanxenxo ou a praia da Lanzada. É o que se coñece como Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha área extensa de carácter intermareal de grande importancia pola diversidade e magnitude da súa flora e fauna mariña.

Siradella
Siradella

Natureza e marisco

No seu alto podemos atopar un  Centro de Interpretación da Natureza, con paneis informativos, fotografías, restos óseos de animais mariños e maquetas que nos axudarán a comprender a natureza e o funcionamento dunha batea, por exemplo. Na zona tamén hai unha área recreativa con zona para comer e un espazo para o lecer infantil.

Para quen queira completar a súa visita cunha experiencia culinaria de calidade, no Grove celébrase durante o mes de outubro a coñecida Festa do Marisco, declarada de Interese Turístico Nacional. Desta maneira conxúganse dous dos grandes valores desta zona: turismo e gastronomía.