Museo de la minería de Fontao
O obxectivo do Museo da Minería de Fontao é a difusión do legado cultural relacionado directa ou indirectamente coa mina de Fontao mediante a recuperación de documentos, planos, publicacións, fotografías e testemuños de todo o material relacionado con esta temática e velando pola conservación, recuperación e posta en valor do patrimonio industrial e mineiro das minas de Fontao. A importancia da actividade extractiva de Fontao representou durante anos un forte impulso á economía nacional, sendo o wolframio o produto estrela das exportacións españolas. Pero máis aló do que a febre do ouro negro supuxo durante as diversas contendas bélicas, a historia da mina de Fontao fala dunha industria punteira que soubo aproveitar a cotización dos metais que se extraeron nesta mina. En Fontao déronse cita grandes empresarios, técnicos competentes, traficantes, aventureiros, espías fugitivos e presos republicanos. Xerouse por tanto, nos case 100 anos de actividade extractiva, un patrimonio industrial e mineiro que se une ao xeolóxico e inmaterial e ao dunhas instalacións que contén todos os elementos representativos dunha explotación mineira. A colección visitable do Museo da Minería de Fontao podemos atopala nas instalacións de servizos comúns do Poboado mineiro de Fontao: o antigo cinema, capela e escolas, xunto cos espazos exteriores
Accesos
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
Características
- Estilo Arquitectónico: Moderno
- Descrición do ámbito: Rural
- Propiedad: Pública
- Interés Paisajístico: Elevado
- En uso: Sí
Servizos
- Punto de información: Sí
- Reservas: Sí
- Baños públicos: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Inglés, Castellano, Galego
Visitas guiadas
- Idioma: Inglés, Castellano, Galego