Bodegas Vilarvín
A zona na que se asenta Adegas Valtea posúe un microclima especial que fai que as uvas alcancen o grao de madurez necesario para a elaboración duns caldos de gran calidade. O mimo co que se coidan as cepas vellas da plantación, e que dalgún modo limitan a produción, é acompañado pola tecnoloxía na elaboración dentro da adega onde a selección de uvas é o primeiro paso para lograr a mellor calidade do viño. Esta adega tamén coida moito o embotellado e os últimos avances en viticultura. A práctica totalidade das cepas utilizadas para a elaboración dos viños Adegas Valtea son da propiedade, cuxos chans están destinados integramente a uva albariña. Na marxe do río Miño, os viñedos de Adegas Valtea desenvólvense nun terreo irregular de lixeira pendente formado por auténticos chanzos ou balcóns colgados na conca do Miño. Esa orografía e orientación permite unha das maduracións da uva máis perfectas da zona. Esta adega conseguiu varios recoñecementos como: certificado ISO 22000 de seguridade alimentaria, 9000 de calidade, 14000 de xestión ambiental e o de Galicia Calidade
Prezos
- Tipo de Entrada: De balde
Características
- Abierto festivos: Sí
- Visitas: Sí
- Capacidade: 10 ha
- Descrición do ámbito: Rural
- Denominación de Orixe Rías Baixas
Servizos
Descrición de equipamentos e outros servizos As instalacións da adega están equipadas con depósitos de aceiro inoxidable, prensa pneumática, depósitos para a maceración e barricas para o envellecemento e fermentación en carballo francés e americano. Tamén teñen un control tecnolóxico da elaboración e un embotellado moi coidado. Esta adega vende varios viños albariño (D. O. Rías Baixas) e varios destilados como: licor café, licor de herbas, licor de mel, licor tostado, augardente de bagazo e crema bebida espirituosa. Pola páxina web pódense facer pedidos dos produtos de Valtea- Acceso a WiFi: Sí
- Aire Acondicionado: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Galego, Castellano
Visitas guiadas
- Idioma: Galego, Castellano
Accesos
Descrición dos accesos O acceso máis rápido e cómodo para o visitante é coller desde a vila da Cañiza, na rúa Silleda, a estrada PO-9404 en dirección a Crecente. O turista baixará uns 8-10 km ata chegar a un cruzamento á súa man dereita con varios paneis de sinalización que indican Adegas Valtea, Albeos e Adegas Morgadío. O visitante collerá ese cruzamento e seguirá 2 km ata chegar á adega Valtea Descrición da sinalización A sinalización é bastante boa, porque hai varios paneis na estrada PO-9404 que vai desde A Cañiza a Crecente e sobre todo no cruzamento onde hai que virar á dereita- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí