Semana Santa de Cangas
A Semana Santa de Cangas do Morrazo é unha das máis completas e espectaculares de tódalas que se celebran en Galicia, dado o seu fervor, realismo e orixe mariñeiro.
As imaxes articuladas contan con gran valor histórico-artístico, destacando a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo
As imaxes articuladas contan con gran valor histórico-artístico, destacando a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo
Servizos
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés
Características
Orixe e historia Comezouse a celebrar en 1857. É unha das máis espectaculares polo seu fervor, realismo e orixe mariñeira.
A vistosidade das súas procesións, o recollemento dos fieis e as artísticas imaxes articuladas fan dela unha manifestación de vida dun pobo mariñeiro completamente entregado, que ao longo da súa historia foi enriquecendo a súa devoción relixiosa con gran sensibilidade e bo gusto
Organismo responsable Confrarías e Concello de Cangas Itinerarios e eventos principais durante a súa realización A Semana Santa comeza xa o Venres Santo coa festividade da Virxe das Dores. No Domingo de Ramos celébrase a bendición das palmas e a procesión ata o Templo, coa imaxe de Xesús montado nunha burra. O Mércores Santo sae a procesión da Soidade de María acompañada polos tambores dos confrades. O Xoves Santo pola tarde sae o paso da Mesa, que representa a Última Cea, con produtos naturais.O día cume da Semana Santa, comeza coa procesión matutina coñecida como a negación de San Pedro. Ó mediodía celébrase no centro a procesión do Santo Encontro, pola tarde, no templo, ten lugar a cerimonia do Descendimiento, onde Cristo é desclavado e depositado nunha urna de cristal e, pola noite, celébrase a procesión do Santo Enterro. O Sábado Santo é o día da sepultura de Xesús, o día da espera litúrxica e silenciosa
- Descripción del entorno: Urbano
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 14/04/2019
- Data ata: 21/04/2019
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí