Castillo y Torre de Tebra
O OuteiroTebra (Santa María)36746 TomiñoPontevedra
Conxunto renacentista de Torre e Pazo. Edificación de gran beleza que domina desde o alto a fermosa paisaxe do Val do Tebra. O primeiro edificio construído no lugar de Outeiro por orde de Pedro Madruga en 1478. Dez anos despois é demolido por orde dos Reis Católicos. Será Álvaro Suárez de Deza mediante autorización de réinaa Juana I de Castela (Juana a Tola) o que constrúa de novo a torre e o resto de dependencias en 1532.Destaca a torre de planta cadrada con catro alturas. Hoxe a esvelta e fermosa torre levántase entre outras edificacións que constitúen unha residencia privada.
Características
- Organismo responsable: Propiedade privada
- Propiedad: Privada
- Estilo Arquitectónico: Renacentista
- En uso: Sí
- Cronoloxía: Do s. XIII ó XVI
- Interés Paisajístico: Elevado
- Descrición do ámbito: Rural
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí