Fiesta del Carneiro ó espeto
A orixe desta festa remóntase a anos atrás, cando un veciño preparaba comidas campestres a beira do río Umia. Tal foi a fama, que se estendeu como práctica habitual e acabou consagrándose como a festa gastronómica máis importante do pobo. A festa ten lugar nun marco incomparable, na Carballeira de Santa Lucía, onde o asado dos cordeiros ten que facerse lentamente, sobre brasas de madeira de carballo. A degustación ten lugar acompañada doutros produtos típicos da zona. A reserva realízase para 20 persoas mínimo.
Servizos
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Orixe e historia A forma da súa preparación remóntase ós anos vinte, cando un morañés xubilado en Arxentina preparaba varias comidas campestres a beiras do rio Umia, nas que se asaba o cordeiro ó estilo pampeiro. Tal foi a transcendencia que tivo esta maneira de elaboralo que se estendeu como práctica habitual nas distintas celebracións dos morañeses, o que motivou os responsables da Festa da Mocidade (o concello e os responsables da festa) a organizar unha festa gastronómica baseada no éxito do cordeiro"ó espeto" como acto central destas celebracións e que, pasados os anos, se consagrou coma unha das festas máis importantes da localidade Organismo responsable Concello de Moraña e comisión de festas de Santa Lucía- Descripción del entorno: Rural
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí